viernes, 11 de diciembre de 2015

Recursos Nadal Imprimibles Infantil e Primaria.

Nestes enlaces atoparedes láminas para colorear adicadas ao Nadal e quebracabezas para imprimir, colorear e recortar. Premede nas imaxes para acceder aos recursos.

Da páxina da Asociación Mundial de Educadores Infantís (AMEI-WAECE):


Da páxina Mr Printables:

En Imágenes Educativas, onde tamén hai láminas para colorear, manualidades,...atoparedes estes marabillosos quebracabezas:

jueves, 10 de diciembre de 2015

Recursos Nadal. Infantil e Primaria (1º-2º)

Propóñovos diferentes xogos centrados na temática do Nadal e inverno.
En primeiro lugar déixovos estes dous enlaces á páxina VEDOQUE, onde atoparades moitos máis.
Neste atoparedes 10 tipos de actividades diferentes, dende decorar a aula con adornos navideños a ordear as sílabas para formar palabras relacionadas co Nadal.

Necesitaredes axilidade para realizar este xogo. Tedes que localizar que obxecto non ten relación cos outros.

O seguinte enlace pertence a un contido dixital deseñado dende o Proyecto Medusa para traballar nas aulas de Educación Infantil (Gobierno de Canarias). 
Desta vez, dentro do proxecto Jugando con las palabras, escollemos LA NAVIDAD. Neste enlace poderedes escoller o tipo letra e o nivel das actividades. 
NIVEL 1
1. Escoita e busca a palabra no debuxo.
2. Por que letra comeza.  
3. Localizar a letra pola que comeza.
4. Identificar palabra-debuxo.
5. Busca a palabra.
6. Identificacion debuxo-palabra.
7. Busca a palabra que está ben escrita.
NIVEL 2
1. Busca a palabra no debuxo.
2. Recoñecemento de palabras.
3. Escoita, le e relaciona.
4. Asocia cada palabra co seu debuxo.
5. Arrastra e completa as palabras.
6. Arrastra e ordea as palabras.
7. Coloca as letras da palabra.
8. Escribe a palabra, ordeando as letras.
Decoramos o noso boneco de neve!! Aplicación da páxina da EDUCARM (Portal da Consejería de Educación e Universidades da Región de Murcia).
E, podedes tamén decorar esta árbore de nadal.
Seredes capaces de atopar todas as parellas? Por se se fai moi difícil, premede no botón da esquina inferior dereita e poderedes ver todas as imaxes.
Estes últimos enlaces son da páxina Boawa & Kwala. Encontraredes moitos máis recursos na páxina (en inglés e francés).

lunes, 26 de octubre de 2015

Diferenzas Halloween. Infantil-Primaria.

Neste xogo, Emma Halloween, teredes que localizar todas as diferenzas que existen entre as dúas imaxes.
Atoparedes moitos máis xogos relacionados co Halloween neste enlace Juegas Peque.

Para xogar ás diferenzas, clica na imaxe.

jueves, 8 de octubre de 2015

Traballamos a Conciencia fonolóxica. Aula 5 anos Infantil.

Hoxe, na sesión de Estimulación da Linguaxe estivemos xogando a adiviñar que novas palabras se forman ao engadir un novo son (letra) ao inicio...cun pouquiño de axuda fixéronno moi moi ben!
Para esta actividade contamos coa axuda da mestra María Eugenia Garrido, do blog Aula de Audición e Linguaxe Ceip Pedro Valverde, de Cantabria. Grazas a ela, por elaborar e compartir este material. No enlace ao seu blog, atoparedes moitos máis recursos.



Despois, centrámonos en discriminar os fonemas R (son suave) e R (son forte). Cada neno/a escolleu dous lapis de cores (requisito: que foran cores propias do outono). Axudamos sempre que o precisen, evocando nós a palabra e facendo esaxerados os sons.





viernes, 2 de octubre de 2015

Parellas de...animais mariños!Infantil, 1º-2º Primaria.

Lembrando o curso pasado, adicado no noso centro ao mar, propóñovos este reto: formar parellas de animais mariños.
Xogo atopado no blog Mercedarias Infantil
Clicade na imaxe.

Formamos parellas. Infantil - 1º Primaria

Neste xogo teredes que formar parellas buscando as imaxes que teñen relación. 
Clicade na imaxe.

A granxa. Infantil.

Xogo no que teremos que identificar que animal fai o son que escoitamos. 
Xogo atopado no blog Mercedarias Infantil
Clicade na imaxe para xogar!


Curso 2015-2016


domingo, 7 de junio de 2015

Xogos de Razoamento Lóxico Matemático. Primaria.

O programa está destinado ao alumnado de toda Primaria. 
Como se indica na guía didáctica, dada a diversidade e diferente grao de complexidade das actividades propostas, algunhas poden resultar máis adecuadas para o alumnado dun ou outro ciclo.
Algúns dos obxectivos das actividades son:
- Potenciar as capacidades de identificar, relacionar e operar.
- Desenvolver a capacidade relativa á solución de situacións novas, que non se coñecen de antemán, e un método de resolución.
- Analizar e comprender mensaxes orais, gráficos e escritos que expresen situacións a resolver tanto da vida real, como de xogo ou imaxinarias.
- etc.

Preme na imaxe para acceder aos xogos.

José Bustillo Rendón

Actividades do Programa:
  1. Triángulo mágico. 
  2. Pirámide numérica. 
  3. Código oculto de números o colores. 
  4. Sudoku. 
  5. Fichas en el tablero. 
  6. Criptogramas. 
  7. Balanzas de dos brazos.
  8. Torres de Hanoi. 
  9. Secuencia de números. 
  10. Valor de las letras. 
  11. Cálculo mental. 
  12. Cuadrícula numérica. 
  13. Deducción. 
  14. Quién es quién. 
  15. Lápices en cubiletes.

martes, 26 de mayo de 2015

O noso libro da canción "Nadando sen parar" de Mamá Cabra. Aula de 5 anos.


Ademais de desfrutar, e moito, desta canción, fixemos o noso propio libro dela. Aquí tedes o resultado...





Actividade de Integración Visual, aula 4 anos.

Xa fai uns días que os nenos e nenas de 4 anos fixeron esta actividade de integración visual. Este foi o proceso e resultado... tamén fixemos unha votación para decidir que conxunto de animais lles gustaban máis; gañaron as Baleas!!












domingo, 17 de mayo de 2015

Sons S e Z. Animais. Infantil e 1º ciclo Primaria.

Seguimos traballando sons nos que os nenos e nenas presentan dificultade para a súa discriminación. Nesta actividade teredes que colorear de vermello onde soe SSSS e de azul onde soe ZZZZ.






Todas as imaxes son de Arasacc (Los símbolos pictográficos utilizados de ARASAAC (http://catedu.es/arasaac/) son parte de una obra colectiva propiedad de la Diputación General de Aragón y han sido creados bajo licencia Creative Commons.) agás  a "zarigüeya" que é da páxina Caxigalines, onde atoparades debuxos, quebracabezas, xogos,...

sábado, 16 de mayo de 2015

Sons R suave e forte. Animais. Infantil e 1º ciclo Primaria.

Nesta actividade teredes que colorear de vermello aqueles animais nos que, ao dicir o seu nome, soa R Forte. Coloreamos de azul os animais onde, ao dicir o seu nome, soa R suave.


Los símbolos pictográficos utilizados de ARASAAC (http://catedu.es/arasaac/) son parte de una obra colectiva propiedad de la Diputación General de Aragón y han sido creados bajo licenciaCreative Commons.

Xogos de decorar as paisaxes.

Preséntovos dous xogos nos que poderedes facer volar a vosa imaxinación decorando como máis vos guste! Son dúas illas: a Illa do Castelo e a Illa Deserta.
Estes enlaces foron atopados no blog EL Blog de Primero de Carlos, e atoparedes moitos máis recusos premendo no enlace ao seu Blog.

Clicade na Illa que querades decorar!!

¿Me lo explicas? Infantil e 1º ciclo Primaria.

Neste enlace atoparedes actividades para desenvolver a comprensión visual dos obxectos e situacións de barrio, aula, habitación e xoguetes.
Teredes que identificar o que sobra ou falta nos debuxos, atopar semellanzas e diferencias, lembrar imaxes...
Este material foi creado por IP-Learning E-Educativa SL para a Consellería de Educación da Junta de Extremadura.



Atoparedes máis recursos premendo aquí: Contenidos Educativos Digitales Junta de Extremadura.

Pandilla de letras, Infantil e 1º Ciclo Primaria.

O obxectivo xeral do xogo é que o neno/a coñeza as letras do alfabeto, que sexa capaz de seleccionalas e emplealas correctamente atendendo ao significado das palabras. 
Serían obxectivos específicos, entre outros: recoñecer as letras do abecedario, distinguir vogais e consoantes, practicar a pronuncia dos fonemas, desenvolver a coordinación visomotora...
Este material foi creado por IP-Learning E-Educativa SL para a Consellería de Educación da Junta de Extremadura.

Xogo de identificación visual das grafías. Infantil - 1º ciclo Primaria.

Neste xogo, atopado no blog El Baúl de A.L.,de Raquel Martín, teredes que identificar que imaxe contén a letra (que escollemos previamente). Podemos traballar con letras en maiúscula ou minúcula e traballamos todas as letras do abecedario.