martes, 31 de marzo de 2015

2 de Abril Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.


O Tema deste ano é "El empleo: la ventaja del autismo".




Light It Up Blue #LIUP

En todos os países do mundo, os principais edificios emblemáticos ilumínanse de azul en sinal de concienciación co autismo. AQUÍ podedes ver que edificios se iluminarán de azul. 
ACCIÓN NAS REDES SOCIAIS (Confederación Autismo España) ás que unirse!









lunes, 23 de marzo de 2015

Pasatempos Piratas. Primaria.

En Pasatiempos Piratas, da Junta de Castilla y León, atoparedes catro escenarios:
- La Isla del Tesoro
- El Barco Pirata
- La cueva del Hombre Tuerto
- La Cantina Pirata
En todos eles encontraredes tres aventuras para escoller!



La Primavera. Infantil.

Atoparedes moitísmos xogos relacionados coa nova estación na que estamos, a Primavera (do Goberno de Canarias). Clicade na imaxe para ir directos. Primeiro escoitaredes información sobre a primavera, todos os cambios que se producen. Coñeceredes despois a Clara e Jesús que vos leverán polas distintas actividades:
1. Los cambios del clima en primavera.
2. La primavera en la vida de las plantas.
3. La primavera en la vida de los animales.
4. La primavera en la vida de las personas.
5. Características de la primavera.
Dentro de cada apartado, atoparedes un montón de actividades. A xogar!!


Contamos as sílabas de animais mariños.

Despois da visita de María e David de Arenaria (podedes ver canto aprenderon os nenos e nenas de Infantil no blog "Lagartiños de Seixo") realizamos esta actividade, de contar sílabas. Utilizamos imaxes dalgúns dos animais mariños que puideron ver nesa sesión.




domingo, 22 de marzo de 2015

Atopar os peixes iguais ao modelo. Infantil.

Teredes que seleccionar os peixes que teñen a mesma cor, mesmo tamaño e mesma posición que o modelo. Este xogo forma parte de "Se hace saber" de Edelvives (con xogos para alumnado de 3, 4 e 5 anos).


Recursos relacionados coa temática do MAR. Infantil 4 anos.

¿Que atoparedes neste enlace?
Seis xogos relacionados coa temática do mar e, aínda que é da Editorial Casals para 4 anos, podemos traballar con todo Infantil (con máis ou menos axuda).
En Boyas y Burbujas teredes que identificar algunhas consoantes, atrapándoas.
En Frases del mar formaredes frases de diferentes modos (iniciación á identificación do suxeito nunha oración).
Peces que vienen é unha actividade na que realizaredes sumas de peixes! E no seguinte, Peces que se van, pois sí, tedes que restar os peixes que se van.
En Aletas de tiburón teredes que ser capaces de colocar a aleta correspondente, segundo o tamaño de cada tiburón.
A última actividade ¿Peces ou Placton? consiste en dar de comer a dous tiburóns. Un é carnívoro cuns dentes que dan medo! O outro non é carnívoro e come placton.

Clicade na imaxe e despois, na imaxe do TIBURÓN!


Atoparedes máis recursos relacionados co MAR, premendo na Etiqueta Mar.

Adiviña...adiviñanza...do Mar.

Nesta ocasión, traballamos adiviñas de vocabulario relacionado co mar. Segundo vaian adiviñando...poden ir coloreando a solución.

Atoparedes moitas máis neste enlace ADIVIÑAS, da páxina El huevo de chocolate.

Conto "Don Cangrejito". Infantil.

Preséntovos un conto, moi curto, no que o protagonista é nada menos cun cangrexo! (da páxina Discoverykids). Para ver o conto, clicade na imaxe e iredes directos.


 

miércoles, 18 de marzo de 2015

Atentos e... afinade o oído!

Neste xogo tedes que estar atentos ao son que escoitaredes. Deberedes elixir o obxecto que fai ese son (de entre tres imaxes).
É un xogo sinxelo no que estamos a traballar a atención e a discriminación auditiva. Para nenos de Infantil (3 anos).



domingo, 15 de marzo de 2015

Preparando actividades para despois das vacacións.

Un novo deseño do blog, adaptándoo á temática central do cole neste ano O MAR! 
Despois das vacacións de Semana Santa, traballaremos algúns REFRÁNS, como non, "Refráns Mariñeiros" nas sesións de Estimulación da Linguaxe Oral en Infantil.



Nestes enlaces atoparades moítisimos refráns. Nos dous primeiros enlaces, refráns todos eles relacionados co MAR.



viernes, 6 de marzo de 2015

"De la Habana ha venido un barco cargado de...".

Hoxe, na sesión de estimulación da linguaxe oral, na aula de 5 anos fixemos un xogo aproveitando ademais que é nada menos cun barco...a nosa temática do cole neste ano: O MAR.
Traballamos atención e memoria xa que non podemos repetir palabras que xa se dixeran e traballamos campos semánticos. Hoxe tocou "Medios de transporte". O xogo consiste en nomear palabras dun campo semántico que se escolle previamente.



"De Marín ha venido un barco cargado de... Medios de Transporte"...e mans á obra. 
Ao tempo de ir dicindo medios de transporte, fixemos o debuxo de cada un deles ou escribimos a palabra.  








E, ao final, tamén os pintaron...