jueves, 10 de diciembre de 2015

Recursos Nadal. Infantil e Primaria (1º-2º)

Propóñovos diferentes xogos centrados na temática do Nadal e inverno.
En primeiro lugar déixovos estes dous enlaces á páxina VEDOQUE, onde atoparades moitos máis.
Neste atoparedes 10 tipos de actividades diferentes, dende decorar a aula con adornos navideños a ordear as sílabas para formar palabras relacionadas co Nadal.

Necesitaredes axilidade para realizar este xogo. Tedes que localizar que obxecto non ten relación cos outros.

O seguinte enlace pertence a un contido dixital deseñado dende o Proyecto Medusa para traballar nas aulas de Educación Infantil (Gobierno de Canarias). 
Desta vez, dentro do proxecto Jugando con las palabras, escollemos LA NAVIDAD. Neste enlace poderedes escoller o tipo letra e o nivel das actividades. 
NIVEL 1
1. Escoita e busca a palabra no debuxo.
2. Por que letra comeza.  
3. Localizar a letra pola que comeza.
4. Identificar palabra-debuxo.
5. Busca a palabra.
6. Identificacion debuxo-palabra.
7. Busca a palabra que está ben escrita.
NIVEL 2
1. Busca a palabra no debuxo.
2. Recoñecemento de palabras.
3. Escoita, le e relaciona.
4. Asocia cada palabra co seu debuxo.
5. Arrastra e completa as palabras.
6. Arrastra e ordea as palabras.
7. Coloca as letras da palabra.
8. Escribe a palabra, ordeando as letras.
Decoramos o noso boneco de neve!! Aplicación da páxina da EDUCARM (Portal da Consejería de Educación e Universidades da Región de Murcia).
E, podedes tamén decorar esta árbore de nadal.
Seredes capaces de atopar todas as parellas? Por se se fai moi difícil, premede no botón da esquina inferior dereita e poderedes ver todas as imaxes.
Estes últimos enlaces son da páxina Boawa & Kwala. Encontraredes moitos máis recursos na páxina (en inglés e francés).

No hay comentarios:

Publicar un comentario