lunes, 27 de abril de 2015

Debuxos relacionados co mar para colorear.

Neste enlace, da páxina Dibujos.net, atoparedes debuxos relacionados co mar. Podedes colorealos online (con opcións para modificar o fondo, para adornar o debuxo con tampóns, pintar con pincel, etc.) ou podedes descargalos e imprimilos.

Clicade na imaxe e...a pintar!

Animais Mariños con Pipo. Infantil - 1º ciclo Primaria

Neste xogo de Pipo, pulsamos sobre cada animal mariño e escoitamos e podemos ler, tamén, o seu nome.
Podemos xogar a seleccionar o animal que nos din (xogamos con mamá, papá, avoa, irmá,...) ou dicir nosoutros que animal debe tocarse.
Non necesitamos rexistrarnos para xogar a el.

Pipo e as letras B-V. Primaria

Como se escribe? Con B ou V. Debedes completar a palabra sinalando a medusa correcta.

lunes, 20 de abril de 2015

Refráns Mariñeiros. Infantil.

Hoxe, na aula de 4 anos, traballamos algúns refráns mariñeiros.
Noelia e Cloe trouxeron un da casa...perfectamente debuxado e explicaron cal era o seu significado.
Despois, entre todos, falamos do significado doutros, que despois coloreamos:
- Pescador de caña, paciencia y maña.
- A mucho viento, poca vela.
- El tiempo y la marea, ni paran ni esperan.
- Gaviotas en tierra, anuncian temporal fuera.
- Luna cercada, de lluvias cargada.
- Navegar contra el viento, es perder el tiempo.








domingo, 19 de abril de 2015

Refráns mariñeiros. Infantil.

Nesta semana, traballamos refráns relacionados co Mar nas sesións de estimulación da linguaxe oral de Infantil. Ademais dos refráns que algúns nenos e nenas compartiron con toda a aula, traballamos uns cantos máis.


Ademais destes refráns, que podemos imprimir e colorear, atoparedes máis da mestra Dolores, no seu blog Aula Virtual de Audición y Lenguaje. Clicando na imaxe accederes directamente á súa entrada de Refráns Mariñeiros.

Aquí tedes aos nenos e nenas de 5 anos traballando coas fichas realizadas por Dolores despois de traballar o seu significado. 


sábado, 18 de abril de 2015

Viaxando coas Mates. Infantil.

En Actividades de Auga atoparedes actividades dirixidas ao entrenamento de procesos cognitivos que se constitúen como prerrequisitos no desenvolvemento de nocións matemáticas. Preséntanse actividades que traballan a atención, memoria, razoamento e percepción. 

En Actividades da Terra encontraredes un conxunto de actividades dirixidas ao tratamento de conceptos básicos, que deben abordarse xunto cos procesos de adquisición do concepto de número. 

En Actividades de Aire atoparedes actividades para favorecer o concepto de número.


Podedes comezar a xogar clicando nesta imaxe:

AUTORAS: Ana Cano Forrat e Esther Llorca Llácer.

Animalandia. Infantil.

Animalandia é un recurso que se compón de dúas partes: o conto e os xogos. As autoras son Ana Cano e Esther Llorca da Generalit Valenciana.
O conto é o fío condutor do resto de actividades; nel preséntanse os nomes en formato escrito e sonoro dos animais que aparecerán despois nos xogos.
Os xogos están organizados en 4 bloques:


Clicando na imaxe iredes directo ao enlace.

jueves, 16 de abril de 2015

Maremáticas. Infantil - 1º e 2º ciclo Primaria

Actividades, en galego, de matemáticas ambientadas no mundo mariño.
Atoparedes estas actividades:
1. Conta veleiros conmigo (Sumas).
2. ¡Canto peixe! (Seleccionar o número que escoitamos).
3. ¿Cantos somos agora? (Restas).
4. ¡Cada vez hai máis! (Series).
5. ¡Menudo desorde! (Ordenar de maior a menor, e viceversa).
6. ¡Que carreira tan divertida! (Series).
7. Salta coa pulga do mar. (Operacións de sumas e restas).
8. ¡Uns cantos números! (Operacións de sumas e restas. Podemos configurar as operacións).
9. ¡Que non se te escapen! (Operacións de sumas e restas. Podemos configurar as operacións).
10. Xogo de Simón (Memorizar a secuencia de cores e repetila).

¿A que esperades? Clica na imaxe e a xogar.

Autor: José Juan Eiras Sánchez

Atoparedes máis recursos no repositorio de contidos educativos, Espazo Abalar, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

domingo, 12 de abril de 2015

Atopa as parellas. Infantil e Primaria.

Teredes que estar moi atentos para atopar as parellas. Clica na imaxe e comeza a xogar!


Este xogo pertence á páxina Janssencilag Entorno Dixital. Atoparedes máis actividades clicando na imaxe:

Deletrear. Infantil e Primaria.

¿Seredes capaces de ordenar as letras para formar a palabra? Deletreamos cada letra segundo a imos colocando.


Atoparedes moitos máis xogos e outras actividades na páxina Dibujos para pintar (clica na imaxe).



O Grupo Nominal. Primaria.

Actividade de José A. del Olmo na que atoparedes os seguintes apartados activados:
- ¿Qué es el grupo nominal?
- Palabras que lo forman.
- Funciones de las palabras.
- Identificar las palabras.



O Suxeito...que é? Primaria.

Neste enlace, da Junta de Andalucía, atoparedes información sobre o Suxeito. Despois poderedes realizar unha actividade onde teredes que escoller cal é o suxeito de diferentes oracións. 


Suxeito e Predicado. Primaria


Información e actividades sinxelas onde identificamos o suxeito e predicado das oracións. 
Recurso atopado en Jugando y Aprendiendo

Onde, Quen, Que e Cando.

Trastornos Cualitativos del Lenguaje Expresivo: dónde, quién, qué y cuándo. 

É propiedade da entidade pública empresarial red.es.

Atoparedes diferentes actividades distribuídas en:
- ¿Quién es quién?
- ¿Dónde está la palabra correcta?
- Aprendemos cuándo ocurren las cosas.
- Rellenamos los huecos con la palabra adecuada.
- Unimos cada palabra con la imagen que corresponda.

ENLACE


viernes, 3 de abril de 2015

Aventura Submarina. Repaso para Primaria (5º-6º)

Aventura Submarina é un xogo de preguntas sobre Coñecemento do Medio, Lingua, Matemáticas e Inglés. Xogo do Portal de Educación de Castela e León.
Poderemos xogar xa como invitados (clica na imaxe).

¡Bienvenido al fondo del mar!
Para poder convencer a la sirena y que abra el cofre del tesoro debes tener en tu poder todas las estrellas, solo con ellas podrás abrir el cofre del centro del tablero y acceder así al Gran Tesoro Submarino.