jueves, 27 de septiembre de 2012

ORIENTACIÓNS PARA FAVORECER O DESENVOLVEMENTO DA LINGUAXE ORAL


hablar- Fale sempre despacio e claro, sen precipitación nin nerviosismo.
- Fale co seu fillo/a sempre que teña ocasión; é fundamental que lle falemos.
- Trate de falar de forma sinxela, con frases curtas e comprensibles para o neno/a. Trátase de falar co neno/a, deben participar ambos no diálogo.
- Hai que darlle a oportunidade de expresarse, aínda que non se entenda perfectamente todo o que di.
- Non realice correcións directas cando o neno articule mal algunha palabra. Fágao de forma indirecta, repitindo correctamente e de forma natural a palabra que acaba de dicir mal. Exemplo: se o neno/a di tasa en vez de taza, facemos unha nova frase coa palabra taza. ¿Queres a taza? Tratar de non se mostrar impaciente ou desconcertado ante a súa fala.
- Non castigar ou chamar a atención ao neno/a pola súa fala.
- Recorde que son normais os procesos de simplificación da fala (substituir fonemas, reducir as pala-bras...). Uns nenos supérano antes e outros máis tarde.
sonarse- É moi importante que os nenos aprendan a limpar os mocos de forma independente e correcta. Se están atascados polo nariz acostumaranse a respirar pola boca. A inspiración debe ser nasal (polo nariz) e non bucal. Cando a entrada de aire realízase pola boca, altéranse a cantidade e a calidade do mesmo, que chega ata os pulmóns. O volume de aire é menor que inspirando polo nariz e o aire entrará seco, frío e impuro.
chupete- Un uso excesivamente prolongado do chupete pode producir distintas problemáticas non desexables no desenvolvemento do neno/a:
* Os dentes centrais inferiores desvíanse cara dentro.
* Os dentes centrais superiores sepáranse e desvíanse cara fóra.
* Deforma e estreita o teito da boca (padal duro).
* As arcadas dentarias, inferiores e superiores, desaxústanse e perden a alineación correcta; o neno/a pode ter problemas para morder os alimentos correctamente.
* Aparecen dificultades na linguaxe para articular correctamente aqueles sons nos que interveñen os órganos fonadores distorsionados polo uso excesivo do chupete. (dentes, padal, labios etc.)
- Os obxectos deben ser denominados correctamente. Non lle fale con "linguaxe bebé". O seu fillo ten que crear. Hai que facer que se esforce e non o dirixir en exceso de forma que só conteste "si" ou "non". Cando pida algo co dedo ou con xestos, provocar que o exprese de forma oral, dando opcións ou formulándolle preguntas: ¿Que queres?, ¿Queres o coche ou a pelota? Cando se lle piden cousas nomealas coa palabra exacta. Fuxir de palabras tales como: "iso", "o cacharro ese, "o traste”…
- Verbalizar con el todas as condutas: ao lavar nomearlle as partes do corpo, ao vestir o nome da roupa, ao comer…
leer- Utilizar libros de imaxes, historias contadas con palabras e xestos, cancións infantís con ritmo e melodía apropiados enriquecerán o seu vocabulario e darán á súa fala expresividade e ton. Lerlle contos, para incrementar o seu vocabulario e afeccionalo á lectura.
praxia2praxia1- Exercitar os movementos da boca con todo tipo de estrataxemas e xogos: "imos relambernos", "xogos de mímica"... Tamén con tipos de alimentación que inclúan mastigación e deglución axeitada (mastigar o seu filete, o pan, a froita, gomas de mascar…).
globos- Para desenvolver un correcto patrón respiratorio pódense facer moitos xogos: concursos de aguantar sen respirar, soprar pitos-matasuegras-papeliños-algodóns-pelotas de ping-pong, inflar glo-bos, asubiar, ulir todo tipo de perfumes, facer gargarexos, pompas de xabón, be-ber con palliña…
- Acostúmeo a que eduque a súa audición: identificar voces, sons... escoitar contos, afacerse a músicas axeitadas ou relaxan-tes.
Mestra de Audición e Linguaxe, SARA.