sábado, 12 de marzo de 2016

EL LOBO MATÍAS. Infantil - 1º Primaria

El Lobo Matías é un conxunto de actividades para o desenvolvemento das habilidades lóxico-matemáticas en Educación Infantil. 
As actividades foron creadas por dous mestres de Educación Infantil: Balbino de Oro Martín e Araceli Martín Giménez. 
Atoparedes 3 niveis e, en cada un, multitude de actividades.
Premendo na imaxe accederedes a este gran recurso!

Aquí vos deixo os enlaces a cada un dos niveis e que tipo de actividades hai en cada un deles:
Tipos de Actividades Nivel 1: números, asociar, vogais, debuxar, asociar, memori, cores, cancións, seriacións, quebracabezas, piano, asociar, memori, posicións, seriacións, paxariños, táboas lóxicas e outra actividade máis de asociar.

Tipos de Actividades Nivel 2: números, construcións, vogais, siluetas, asociar, seriacións, cores, clasificación, asociar, quebracabezas, táboas lóxicas, perspectivas, memoris, ordenar, completar, sumas, asociar e, por último, outra actividade de completar. 

Tipos de Actividades Nivel 3: ximnasia, números, abecedario, seriacións, códigos, sumar, memoris, quebracabezas, tubaxes, simetrías, completar, seriacións, táboas lóxicas, xiros, sumas, identificar, números e música clásica.

En cada unha das actividades atoparedes a icona I (información) nas esquinas superiores, que recolle en que consiste a actividade e os obxectivos didácticos da mesma.

miércoles, 9 de marzo de 2016

PROFESIÓNS E MOITO MÁIS...

Na semana pasada, na aula de 4 anos, estivemos repasando e aprendendo novo vocabulario relacionado coas Profesións, con xogos como:
- Quebracabezas
- Atopar as parellas
- Relacionar
- Seleccionar
- ...
Nesta sesión traballamos na Aula de Audiovisuais, coa seguinte actividade Lim. Premede na imaxe e..a xogar e aprender!


Aquí tedes algúns momentos da sesión...