lunes, 24 de octubre de 2011

Atención e memoria auditiva.

A partir da canción "Samaín. Los esqueletos" realízase esta actividade co obxectivo de potenciar a atención e memoria auditiva do alumnado. Os nen@s escoitarán a canción (2-3 veces) e despois terán que enlazar cada número co debuxo correspondente, seguindo a letra da canción. Rematarán coloreando os debuxos ao seu gusto.




Actividade Samaín. Imaxes de ARASAAC.

Autor pictogramas: Sergio Palao Procedencia: ARASAAC (http://catedu.es/arasaac/) Licencia: CC (BY-NC-SA)

sábado, 22 de octubre de 2011

Conto "Marcelina e a noite de Samaín".



Elaborado pola mestra Tatiana da EEI O Grupo (Marín). Educación Infantil

Conto e actividades do Samaín. Infantil.


Conto e actividades Samaín

Elaborado pola mestra Belén da EEI Tarrío - Samieira.

LIM Colaborativo Samaín-Outono

Xogamos

Actividades referidas ao outono e Samaín.
Da páxina "Actividades LIM".

Samaín


Vídeo para o Samaín con música de Mama Cabra elaborado pola biblioteca do Ceip Mestres Goldar (2008).

Canción: Samaín Esqueletos.

jueves, 20 de octubre de 2011

"CUIDANDO A LOUIS"

Autismo
Na páxina do Centro específico de Autismo Juan Martos (Comunidade de Madrid) atopei este conto "Cuidando a Louis". 
Este conto amosa como "a través de la imaginación, la bondad y un curioso partido de fútbol, los compañeros de Louis encuentran una forma de entrar en su mundo y, al mismo tiempo, hacerle un hueco en el suyo".

martes, 18 de octubre de 2011

"LA CUEVA DE TRAGAPALABRAS"

Esta aplicación está destinada a alumnado do primeiro ciclo de Primaria e para o último nivel de Educación Infantil. Tamén pode ser utilizado por alumnado que está a aprender o castelán. Serve de apoio á aprendizaxe da lectoescritura.
Primeiro temos que sinalar o nivel no que se atopa o neno/a ("aprendo a leer", "ya leo", "aprendo español", "LEO EN MAYÚSCULAS") e clicamos nas tesoiras.
Atoparemos exercicios de:
- memory (imaxe-palabra)
- sopa de letras
- xuntar sílabas para formar palabras (con apoio visual da palabra)
- unir sílabas para formar palabras (sen axuda visual)
- formar unha palabra (con apoio visual e auditivo) a partir de letras
- formar unha palabra coas letras dadas (sen apoio)
- escoller as palabras para formar frases (con apoio visual e auditivo)
- formar frases coas palabras dadas (sen apoio)



lunes, 17 de octubre de 2011

PequeTIC

Destinado a alumnado de Educación Infantil. Algunhas das actividades pódense utilizar tamén en 1º de E. Primaria.


Aplicación informática que conta con 5 grandes apartados.
"1. Nosotros:
a) Construir caras, b) Vestir a los niños, c) Colorear dibujos, d) Ropa correcta, e) Los sentidos, f) Las cinco diferencias.
2. Medio:
a) Relaciones lógicas, b) Las estaciones del año, c) Reciclando, d) Laberinto, e) Puzzles, f) Cosas de casa.
3. Animales:
a) Animales y productos, b) Cabezas correctas, c) Animales del mar, d) Animales iguales, e) Colorea animales, f) Memory de animales.
4. Letras
a) El teclado, b) Colorear letras, c) Grafomotricidad, d) Faltan letras, e) Construye palabras, f) Las parejas
5. Números
a) Contar objetos, b) Relaciones lógicas, c) Grafomotricidad, d) Series lógicas, e) Unir puntos, f) Tangram."

viernes, 14 de octubre de 2011

LEER. Ministerio de Educación

Esta páxina web leer.es "pretende transmitir o entusiasmo pola lectura e animar á súa práctica, así como achegar materiais e consellos para os docentes e as familias".
Atoparemos a zona de estudantes, familias e docentes e unha morea de información, enlaces a xogos educativos, propostas de actividades, enlaces a blogues, etc.



jueves, 13 de octubre de 2011

PRESUME DE FIGURA

    Xogar

Neste xogo hai que seleccionar todas as figuras iguais ao modelo que nos ofrecen. Trabállanse o círculo, óvalo, rectángulo, cadrado e triángulo. Educación Infantil.

ENCAIXAR AS FORMAS.

Nesta actividade hai que buscar e identificar figuras básicas (círculo, cadrado e triángulo) e as hai que introducir no seu burato correspondente. Educación Infantil.



Publicacións anteriores

Póñovos o enlace á paxina web do colexio CEIP de Seixo onde atoparedes enlaces a xogos educativos, pautas e actividades para a estimulación da linguaxe, información de actividades realizadas co alumnado, a Revista Escolar do CEIP e moito máis, que xa publicamos no curso escolar 2010-2011.


Páxina do Centro

Recursos Orientación

miércoles, 12 de octubre de 2011

Vocabulario

 

XOGAMOS
Neste enlace atopamos unha aplicación para traballar-repasar o vocabulario. Aplicación sinxela onde se traballa o vocabulario de froitas, cores, o corpo e formas. Nivel Educación Infantil.

lunes, 10 de octubre de 2011

Xogamos con PUPI

Xogar con PUPI

Neste xogo (Junta de Andalucía) atoparedes unha chea de actividades moi variadas para nen@s de 1º-2º ciclo de Primaria.
O xogo está dividido en catro grandes apartados e, en cada un deles, temos nove subapartados.



"1. MARCAPÁGINAS: 
Colocados en orden - Paisajes matemáticos - Pirámides de medidas - Un castillo de problemas - Un gráfico de barras - Problemas en el desierto - La oca de los números - La hora y cuarto - Multiplica y corre.
2. CIBERESPACIO:
Familias de palabras - Escribe y cuenta - Planta de reciclaje - La Bruja - De palabra en palabra - Palabras en orden - Artículos en un cuento - La oca de las palabras - Los globos.
3. LUDOTECA:
Organiza tu tiempo - Deportes Unidos - Derecha e izquierda - El ajedrez invisible - Elige tu mismo - Sudoku monstruoso - Tablas de información - Explora tu entorno - Tablas geométricas.
4. QUIOSCO:
Puntos de vista - En el polideportivo - Ahorra recursos - Ciclos naturales - Sopa de letras - El árbol genealógico - Animales y animales - Seres vivos a todo color - La oca del cuerpo humano."

Comezade a xogar e non vos rindades se as actividades son un pouquiño difíciles... algunhas si que o son!

sábado, 8 de octubre de 2011

"Cuaderno de Pasatiempos"

"Cuaderno de Pasatiempos" é un programa da Junta de Castilla y León para Infantil e/ou Primeiro ciclo de Primaria.
Ten catro apartados: 1. ¡Viva el verano!  2. Profesiones Locas  3. ¡A comer!  4. ¡Qué divertido!
En cada apartado atoparedes diferentes actividades moi divertidas. ¡A xogar!

XOGAR

Adiviña os sons.

Con esta actividade trabállase a discriminación auditiva de sons de animais, de obxectos da casa (cociña, baño e salón), obxectos do parque e obxectos da cidade.
Preme no video e xoga a adiviñar que obxecto soa.

Video realizado por Eugenia Romero http://blogdelosmaestrosdeaudicionylenguaje.blogspot.com/

Praxias bucofonatorias para traballar na casa.
Video de Eugenia Romero.

Conto "El gusanito".


Para traballar as praxias orofaciais.

"El viaje de María"

Dentro da súa labor por difundir e facer chegar o coñecemeno do autismo á sociedade, a Fundación Orange, produciu "El viaje de María" que é unha curtametraxe de animación realizado polo debuxante Miguel Gallardo, padre dunha filla con autismo. 
"El viaje de María" é unha pequena excursión ao mundo interior dunha adolescente con autismo nunha viaxe chea de cor, amor, creatividade e orixinalidade, que nace no percorrido duns pais que ven como a súa filla compórtase dunha maneira especial ata confirmar o diagnóstico: autismo.




Actividades para Infantil, Primaria e Secundaria


Neste enlace atopamos actividades de repaso de conceptos curriculares e xogos de habilidade e observación para todas as idades.

CEIP DE SEIXO