lunes, 26 de octubre de 2015

Diferenzas Halloween. Infantil-Primaria.

Neste xogo, Emma Halloween, teredes que localizar todas as diferenzas que existen entre as dúas imaxes.
Atoparedes moitos máis xogos relacionados co Halloween neste enlace Juegas Peque.

Para xogar ás diferenzas, clica na imaxe.

jueves, 8 de octubre de 2015

Traballamos a Conciencia fonolóxica. Aula 5 anos Infantil.

Hoxe, na sesión de Estimulación da Linguaxe estivemos xogando a adiviñar que novas palabras se forman ao engadir un novo son (letra) ao inicio...cun pouquiño de axuda fixéronno moi moi ben!
Para esta actividade contamos coa axuda da mestra María Eugenia Garrido, do blog Aula de Audición e Linguaxe Ceip Pedro Valverde, de Cantabria. Grazas a ela, por elaborar e compartir este material. No enlace ao seu blog, atoparedes moitos máis recursos.



Despois, centrámonos en discriminar os fonemas R (son suave) e R (son forte). Cada neno/a escolleu dous lapis de cores (requisito: que foran cores propias do outono). Axudamos sempre que o precisen, evocando nós a palabra e facendo esaxerados os sons.





viernes, 2 de octubre de 2015

Parellas de...animais mariños!Infantil, 1º-2º Primaria.

Lembrando o curso pasado, adicado no noso centro ao mar, propóñovos este reto: formar parellas de animais mariños.
Xogo atopado no blog Mercedarias Infantil
Clicade na imaxe.

Formamos parellas. Infantil - 1º Primaria

Neste xogo teredes que formar parellas buscando as imaxes que teñen relación. 
Clicade na imaxe.

A granxa. Infantil.

Xogo no que teremos que identificar que animal fai o son que escoitamos. 
Xogo atopado no blog Mercedarias Infantil
Clicade na imaxe para xogar!


Curso 2015-2016