martes, 18 de diciembre de 2012

domingo, 14 de octubre de 2012

Aprende xogando.

Novas actividades de Educ@migos, incluídas nas actividades "Verano Olímpico 2012" da Junta de Castilla y León, apartado Educación Infantil. 
Aïnda que están incluídas en Infantil, serven para o primeiro e segundo ciclo de Primaria. Todas as actividades presentan diferentes niveis de complexidade.

Preme na imaxe e comeza a xogar.

 .

Praxias. Practicamos as praxias linguais con este vídeo "La lengua saltarina".


jueves, 27 de septiembre de 2012

ORIENTACIÓNS PARA FAVORECER O DESENVOLVEMENTO DA LINGUAXE ORAL


hablar- Fale sempre despacio e claro, sen precipitación nin nerviosismo.
- Fale co seu fillo/a sempre que teña ocasión; é fundamental que lle falemos.
- Trate de falar de forma sinxela, con frases curtas e comprensibles para o neno/a. Trátase de falar co neno/a, deben participar ambos no diálogo.
- Hai que darlle a oportunidade de expresarse, aínda que non se entenda perfectamente todo o que di.
- Non realice correcións directas cando o neno articule mal algunha palabra. Fágao de forma indirecta, repitindo correctamente e de forma natural a palabra que acaba de dicir mal. Exemplo: se o neno/a di tasa en vez de taza, facemos unha nova frase coa palabra taza. ¿Queres a taza? Tratar de non se mostrar impaciente ou desconcertado ante a súa fala.
- Non castigar ou chamar a atención ao neno/a pola súa fala.
- Recorde que son normais os procesos de simplificación da fala (substituir fonemas, reducir as pala-bras...). Uns nenos supérano antes e outros máis tarde.
sonarse- É moi importante que os nenos aprendan a limpar os mocos de forma independente e correcta. Se están atascados polo nariz acostumaranse a respirar pola boca. A inspiración debe ser nasal (polo nariz) e non bucal. Cando a entrada de aire realízase pola boca, altéranse a cantidade e a calidade do mesmo, que chega ata os pulmóns. O volume de aire é menor que inspirando polo nariz e o aire entrará seco, frío e impuro.
chupete- Un uso excesivamente prolongado do chupete pode producir distintas problemáticas non desexables no desenvolvemento do neno/a:
* Os dentes centrais inferiores desvíanse cara dentro.
* Os dentes centrais superiores sepáranse e desvíanse cara fóra.
* Deforma e estreita o teito da boca (padal duro).
* As arcadas dentarias, inferiores e superiores, desaxústanse e perden a alineación correcta; o neno/a pode ter problemas para morder os alimentos correctamente.
* Aparecen dificultades na linguaxe para articular correctamente aqueles sons nos que interveñen os órganos fonadores distorsionados polo uso excesivo do chupete. (dentes, padal, labios etc.)
- Os obxectos deben ser denominados correctamente. Non lle fale con "linguaxe bebé". O seu fillo ten que crear. Hai que facer que se esforce e non o dirixir en exceso de forma que só conteste "si" ou "non". Cando pida algo co dedo ou con xestos, provocar que o exprese de forma oral, dando opcións ou formulándolle preguntas: ¿Que queres?, ¿Queres o coche ou a pelota? Cando se lle piden cousas nomealas coa palabra exacta. Fuxir de palabras tales como: "iso", "o cacharro ese, "o traste”…
- Verbalizar con el todas as condutas: ao lavar nomearlle as partes do corpo, ao vestir o nome da roupa, ao comer…
leer- Utilizar libros de imaxes, historias contadas con palabras e xestos, cancións infantís con ritmo e melodía apropiados enriquecerán o seu vocabulario e darán á súa fala expresividade e ton. Lerlle contos, para incrementar o seu vocabulario e afeccionalo á lectura.
praxia2praxia1- Exercitar os movementos da boca con todo tipo de estrataxemas e xogos: "imos relambernos", "xogos de mímica"... Tamén con tipos de alimentación que inclúan mastigación e deglución axeitada (mastigar o seu filete, o pan, a froita, gomas de mascar…).
globos- Para desenvolver un correcto patrón respiratorio pódense facer moitos xogos: concursos de aguantar sen respirar, soprar pitos-matasuegras-papeliños-algodóns-pelotas de ping-pong, inflar glo-bos, asubiar, ulir todo tipo de perfumes, facer gargarexos, pompas de xabón, be-ber con palliña…
- Acostúmeo a que eduque a súa audición: identificar voces, sons... escoitar contos, afacerse a músicas axeitadas ou relaxan-tes.
Mestra de Audición e Linguaxe, SARA.

sábado, 16 de junio de 2012

Xogo de memoria. Infantil e Primeiro ciclo de Primaria.

Neste xogo debedes escoller unha das imaxes e estar atento á pantalla para contabilizar cantas veces sae o debuxo escollido. Despois deberedes escribir o número de veces que saiu o debuxo.


martes, 5 de junio de 2012

"Ordena las escenas". Infantil e Primaria.

Grazas á páxina Recursos TIC Infantil do CEIP de Quiroga temos moitos xogos para Infantil e para Primaria. Algúns dos xogos están en catalán así que, irei seleccionando e colgando algúns dos enlaces aos xogos.
Este xogo consiste en ordenar as escenas e ir narrando a historia. Xogo da Junta de Castilla y León.


sábado, 26 de mayo de 2012

Premio Liebster Blog

Dende o blog "Primeiro Ciclo" do CPI de Mosteiro-Meis envían este agasallo Premio Liebster Blog... e o primeiro que teño que dar son as GRAZAS!
O Premio e unha iniciativa para dar a coñecer blogs de menos de 200 seguidores.
Agora debo cumprir as regras deste premio:
- copiar e pegar o premio no blog e facer o enlace ao blog que o concedeu
- premiar a outros 5 blogues e comunicarllo a través dun comentario no seu blog
- esperar que estes premien a outros 5 blogues cada un

A todos eles polo traballo que realizan, as ideas que aportan e aproveitamos cos nosos nen@s, por ensinar, por compartir, pola imaxinación... GRAZAS. 
Os 5 blogues galardoados son:
- Falándose enténdese a xente de Patricia Pena Barbeito.

- Abracadabra cada palabra de Isabel Gutiérrez.

- Desván de Palabras de María José Fano

- El baúl de A.L. de Raquel Martín


De novo grazas ao Blog "Primeiro ciclo" por este premio.

domingo, 13 de mayo de 2012

Actividades variadas de lingua.

Actividades variadas de lingua. Nelas trabállanse a conciencia fonolóxica (rimas e letras), adiviñas, sudoku de vogais e atopar as diferenzas. Actividades en lingua castelá.

miércoles, 2 de mayo de 2012

Actividades lúdico-educativas. Xunta de Castela e León.

Máis actividades lúdico-educativas para Infantil e Primaria, con distintos niveis de dificultade e variedade de actividades.
Educamigos. Xunta de Castela e León.
Preme na imaxe e comeza a xogar.



miércoles, 25 de abril de 2012

TAMGRAN online. Infantil e Primaria.

Preme na imaxe e segue os seguintes pasos:
1- preme no rectángulo coa frecha azul
2- escolle o nivel de dificultade
3- escolle a figura que queres realizar
4-escribe o teu nome e clica na frecha negra e gris
5- comeza a xogar


Praxias con froitas e verduras.

Actividade moi divertida para os máis pequenos. Actividade de Lucía Roldán Iglesias do blog "La clase de hablar" (http://laclasedehablar.blogspot.com.es/).

Secuencias temporais para Infantil e 1º ciclo Primaria.

Traballamos secuencias temporais de dúas a oito imaxes. Educarex.


"La cabaña divertida". Infantil. Xunta de Castela e León.


Nesta apicación atoparedes 15 xogos nos que se traballa a memoria, atención e vocabulario. Estes xogos forman parte de "Abierto por vacaciones 2011" da Xunta de Castela e León. 

lunes, 26 de marzo de 2012

Discriminación - Conciencia fonolóxica.

Nesta actividade temos que sinalar co rato onde soa.... S, F ou Z/C acompañadas das cinco vogais. 
Preme na imaxe e abrirase unha nova ventá onde deberás clicar en JUGAR
Actividade realizada para lingua castelá.





sábado, 24 de marzo de 2012

Cálculo mental. Educación Primaria.

Aplicación de Mario Ramos Rodríguez, publicada polo Gobierno de Canarias.
As actividades inclúen sumar, restar, multiplicar, calcular a metade dun número, a terceira parte dun número, a cuarta e a quinta. Tan so escollemos o nivel (páxina):
- número 1 Inicial (sumas e restas)
- número 2 Inicial-Medio (restas e multiplicacións)
- número 3 Inicial-Medio (multiplicacións)
- número 4 Inicial-Medio (multiplicacións e sumas)
- número 5 Medio-Superior (restas e sumas)
- número 6 Medio-Superior (metade, terceira, cuarta e quinta parte dun número)
Temos que realizar 40 operacións en 3 minutos (nivel 1), 2 minutos (Nivel 2) ou en 1 minuto (Nivel 3).

A que esperas? Preme na imaxe.


Xogo "¿Me dices la hora? Primaria.

Neste xogo debedes escribir en forma dixital a hora que marca o reloxo analóxico. Preme na imaxe.


Actividade do Portal educativo GenMagic.
http://www.genmagic.net/educa/

miércoles, 21 de marzo de 2012

Palabras encadeadas. Infantil.

Discriminación visual figura-fondo.

Actividades que atoparedes nesta aplicación.
1. Buscamos a figura que se atopa no fondo.
2. Buscamos a figura en distintas posicións.
3. Crebacabezas de dúas pezas.
4. Crebacabezas de varias pezas.
5. Adiviñamos que pezas se esconden nestes fondos.

Obxectivo xeral: discriminar figura-fondo.

Obxectivos específicos das actividades.
- Identificar figuras en diferentes condicións: mesmo fondo, en diferentes posicións, en diferentes fondos, dividida en dúas partes e divididas en varias partes. 

Preme na imaxe para xogar.
O presente material educativo dixital é propiedade da entidade pública empresarial red.es.

Praxias “Los Lunnis”.

Practicamos as praxias diante dun espello, desta vez... cos Lunnis!

Imaxes da Galería de Maestros de AyL (Audición y lenguaje).

sábado, 17 de marzo de 2012

Sopa de letras para Educación Infantil.

Esta actividade levarase a cabo a próxima semana. Temos tres sopas de letras onde están agachados os nomes do alumnado da aula de Infantil, 5º nivel. Traballamos así a conciencia fonolóxica; a ver se os nen@s son capaces de encontrar todos os nomes (en posición horizontal e vertical). É unha actividade complexa así que xa veremos cales son os resultados.

Para recoller información esta actividade foi moi útil; os resultados xa non tanto!
Demasiadas letras "bailando" para o alumnado do 5º nivel.
Pero o intentaremos de novo, é outra forma de traballar a conciencia fonolóxica e so necesitamos unhas pequenas adaptacións:
- menos filas e columnas,
- menos nomes en cada sopa de letras,
- un exemplo de como se fai na mesma folla onde teñen a súa sopa de letras
- letras máis grandes.
Pronto intentaremos repetir a actividade e seguro que con estas adaptacións... o resultado será moi positivo.

Series Matemáticas. Educación Primaria.

Autoría: Enrique Hernán, Laura Hernán e Marisa Carrillo.
Obxectivo: conseguir destrezas en operacións matemáticas básicas. Educación Primaria.
A aplicación consta dun conxunto de actividades deseñadas para proporcionar ao alumnado un primeiro contacto coas operacións matemáticas básicas. Abórdanse contidos como a lonxitude, a superficie, o volume e a capacidade, fraccións, decimais e porcentaxes, mediante a resolución de exercicios e explicacións guiadas.
Recurso CNICE.
Preme na imaxe e comeza a xogar.

sábado, 10 de marzo de 2012

Pasatempos de lectoescritura.

Neste enlace atoparedes pasatempos de lectoescritura imprimibles. Material de José Miguel de la Rosa Sánchez. Actividades lúdicas educativas (www.actiludis.com).
Preme na imaxe e abrirase unha nova ventá coas actividades (sopa de letras, cruzadas e ordear palabras).

 

jueves, 1 de marzo de 2012

"Jugando con las palabras". Gobierno de Canarias.

Neste xogo traballamos o vocabulario referido ao colexio, á familia, á casa e á roupa. Escollemos un destes campos semánticos así como o nivel (1-2), o tipo de letra (minúsculas-maiúsculas) e o idioma (castelán-inglés). 
Actividades que atoparedes:
1. Escoita e busca a palabra no debuxo. 
2. Por que letra comeza. 
3. Localiza a letra pola que comeza. 
4. Identificación palabra-debuxo. 
5. Busca a palabra. 
6. Identificación debuxo-palabra. 
7. Atopa a palabra que está ben escrita.


martes, 21 de febrero de 2012

ROSALÍA DE CASTRO. 175 ANIVERSARIO


‎24 DE FEBREIRO, 175 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO
A AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) está promovendo unha serie de actos organizados por concellos e asociacións culturais para celebrar o Día de Rosalía de Castro o vindeiro 24 de febreiro (preme na imaxe).
Para este día: agasalla un LIBRO en galego e unha FLOR.





Páxinas para consultar:

sábado, 11 de febrero de 2012

Máis recursos para o Entroido.

No blogue "Aula TIC C.E.E. Terra de Ferrol" atoparedes un Libro LIM creado por Ana Martínez Rey, baseado no libro "Entroido" (autor Mon Daporta).

ENLACE Á PAXINA

Outro libro colaborativo LIM sobre o Entroido (da páxina "Casa de tolos" http://www.madenglishouse.eu/bitacora/).


Libro LIM do CRA RAÍÑA ARAGONTA sobre o Entroido da provincia de Ourense.


Enlace á páxina da Coordinadora galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística con enlaces a variados recursos sobre o Entroido.

Actividade LIM "Sonidos S y Z".

Actividade LIM onde se traballan os sons "S" e "Z". Realizado en lingua castelá.
Autor pictogramas: Sergio Palao  Procedencia: ARASAAC  ( Licencia: CC (BY-NC-SA)
Imaxes das caras con fonemas do blogue Susana Maestra de AL. (http://susanamaestradeal.blogspot.com/)

XOGAR (preme para xogar)



viernes, 3 de febrero de 2012

Recursos relacionados co Entroido.


Para unha mellor visualización: colocade o rato enriba de "Gloster" e premede en "view full size".
Contidos do cartafol:
Videos: BSO de "Río", "La vida es un carnaval" de Celia Cruz e canción infantil "El carnaval".
Para imprimir: antifaces-máscaras da galería de Vivi Souza (album picassa) e da páxina www.lannaronca.it. e "atopar as diferencias" da páxina de Orientación Andújar.
Poesías, adiviñas...: "Palabras con ritmo" recursos sm da páxina profes.net; e "Poesías de Carnaval" do Blogue de Iris (http://lapaginadeiris.blogspot.com/).
Para xogar e aprender:
- Actividade LIM "Entroido na carballeira" de Ana Martínez Rey.
- Actividade LIM "As máscaras no entroido" de Rosa González Blanco (Ceip O Pombal).
- Receitas e vocabulario da páxina www.xunta.es.

martes, 31 de enero de 2012

Xogos educativos e Aprende xogando. Castela e León.

Neste enlace atoparedes multitude de xogos para o alumnado de Infantil e do Primeiro e Segundo ciclo de Primaria. En todos os xogos tedes diferentes niveis de dificultade.
En "Juegos educativos" atoparedes:
- Salva pingüinos
- My room
- Historietas
- Las caras
- Simetrías
- Emotions
No apartado "Aprende jugando" atoparedes os seguintes xogos: 
- Rompecabezas
- Bingo de imágenes
- Números mágicos
- Sonidos y figuras
- Termina la serie
- Profesiones y objetos (memory)
- Sigue los sonidos
- El dominó
- Ordena las cifras
- Que no escape
- El cuerpo humano
- Descubre la palabra
- A clasificar
- Adivina los números (series lógicas).
Xogo da Junta de Castilla y León.


A que esperas? Comeza a xogar. (clica aquí).

domingo, 22 de enero de 2012

Celebramos o Día da PAZ, 30 de xaneiro.



Preme en cada imaxe do mesmo e enlazará cos diferentes recursos.
Se non se cargan as páxinas de forma instantánea, preme para cargar de novo a páxina.

Actividades que atoparedes:
- Lim "Entre todos construímos a paz" de Ana Martínez Rey.
- Lim colaborativo "A Paz" da páxina tadega.net.
- Canción "Paz e amor" de Gisela.
- Vídeo "Educar por la paz" de Maestras jardineras.
- Poesías Infantís da páxina Garabata.
- Xogos pola Paz da páxina Palabras amigas.
- Materiais imprimibles do Departamento de Orientación de Andújar.
- "La Isla del Tesoro" da Xunta de Castela e León (xogo para traballar as relacións persoais para desenvolver unha boa convivencia).
- Recursos para La Paz da Xunta de Castela e León.
- Libro: "Wangari y los árboles de la paz. Una historia verdadera". Esta é a historia de Wangari Maathai, ambientalista e gañadora do Premio Nobel da Paz. Enlace do CEIP Isaac Peral de Ferrol.