domingo, 31 de enero de 2016

Traballamos o son R forte. Infantil-Primaria.

Seguindo o modelo realizado pola mestra Dolores, do blog Aula virtual de audición y lenguaje, elaborei estas dúas fichas para traballar o R forte (son).
Primeiro, déixovos o modelo de Dolores. Premede na imaxe para acceder á entrada que contén moitas máis actividades que podedes imprimir e realizar na casa.
Grazas Dolores por compartir o teu traballo!


Traballando o son R forte: podedes descargar as fichas e realizalas na casa. Na páxina tres tedes o vocabulario empregado.


sábado, 30 de enero de 2016

martes, 19 de enero de 2016

Aula de 5 anos. Sesión de estimulación da linguaxe.

O xoves pasado, traballamos a conciencia silábica con palabras da Unidade "El invierno".
Que ben o fixeron estes nenos e nenas...dando palmadas, contando cos dedos ou coloreando os paraugas directamente, segundo dicían cada sílaba. Nas palabras complexas (con hiato ou ditongos) tiveron unha pequena axuda.







jueves, 14 de enero de 2016

Identificar Caras. Infantil e Primaria.

Neste xogo poderedes xogar a identificar caras. Teredes que identificar as máscaras de disfraces cambiando diferentes compoñentes (lentes, cara, sombreiro,...) ata atopar a solución. Hai 3 opcións:


 
Con imaxes.                                      Con texto.
Libre
Clicade na seguinte imaxe e a xogar!! Coidado que hai un tempo máximo para resolver o xogo!
Xogo da páxina Vedoque




miércoles, 13 de enero de 2016

Traballamos a conciencia silábica de vocabulario do Inverno. Infantil e Primaria.

Nesta ocasión atoparedes tres fichas nas que se traballa a conciencia silábica con vocabulario relacionado co Inverno. Consiste en colorear tantos paraugas como sílabas (palmadas) ten cada palabra.

Preparando o Día da PAZ con moito ritmo.

Este ano, conmemoramos o día da Paz con esta canción de Macaco, "Mensajes de Agua". Podedes desfrutar da canción adaptada á linguaxe de signos.
Visitade o Blog da Biblioteca As Pegadas de Arnaldo e atoparedes máis información.
A desfrutar!!