Dende o blog "Primeiro Ciclo" do CPI de Mosteiro-Meis envían este agasallo Premio Liebster Blog... e o primeiro que teño que dar son as GRAZAS!
O Premio e unha iniciativa para dar a coñecer blogs de menos de 200 seguidores.
Agora debo cumprir as regras deste premio:
- copiar e pegar o premio no blog e facer o enlace ao blog que o concedeu
- premiar a outros 5 blogues e comunicarllo a través dun comentario no seu blog
- esperar que estes premien a outros 5 blogues cada un
A todos eles polo traballo que realizan, as ideas que aportan e aproveitamos cos nosos nen@s, por ensinar, por compartir, pola imaxinación... GRAZAS.
Os 5 blogues galardoados son:
- Falándose enténdese a xente de Patricia Pena Barbeito.
- Aula virtual de Audición y Lenguaje de Dolores.
- Abracadabra cada palabra de Isabel Gutiérrez.
- Desván de Palabras de María José Fano
- El baúl de A.L. de Raquel Martín
De novo grazas ao Blog "Primeiro ciclo" por este premio.