Hoxe, na sesión de Estimulación da Linguaxe estivemos xogando a adiviñar que novas palabras se forman ao engadir un novo son (letra) ao inicio...cun pouquiño de axuda fixéronno moi moi ben!
Para esta actividade contamos coa axuda da mestra María Eugenia Garrido, do blog Aula de Audición e Linguaxe Ceip Pedro Valverde, de Cantabria. Grazas a ela, por elaborar e compartir este material. No enlace ao seu blog, atoparedes moitos máis recursos.
Añadirfonemas from Geni
Despois, centrámonos en discriminar os fonemas R (son suave) e R (son forte). Cada neno/a escolleu dous lapis de cores (requisito: que foran cores propias do outono). Axudamos sempre que o precisen, evocando nós a palabra e facendo esaxerados os sons.
No hay comentarios:
Publicar un comentario