lunes, 5 de diciembre de 2016

TRABALLAMOS AS RIMAS...con mazás. Infantil-Primaria


Nesta ficha traballamos as rimas creando mazás que riman (conciencia fonolóxica). 


Los símbolos pictográficos utilizados son propiedad del Gobierno de Aragón y han sido creador por Sergio Palao para ARASAAC (http://arasaac.org) que los distribuye bajo licencia Creative Commons (BY-NC-SA).
As mazás son de:


CONCIENCIA FONOLÓXICA: FONÉMICA. PRIMARIA

Con esta actividade traballamos a conciencia fonolóxica a nivel fonémico. O alumnado ten que recoñecer sons individuais e unilos na orde correcta para formar a palabra.


As imaxes utilizadas son de:

ACTIVIDADE LIM CONCIENCIA SILÁBICA. INFANTIL E PRIMARIA


Preséntovos esta gran actividade de Ana Belén Sobrados Almazán onde se traballa a conciencia silábica.

jueves, 17 de noviembre de 2016

DISCRIMINACIÓN AUDITIVA. INFANTIL-PRIMARIA

¿Seredes capaces de discriminar sons de obxectos e/ou animais e discriminar en que palabra (imaxe) soa un determinado fonema? Premede na imaxe e a xogar!

Autores: Ana Cano i Esther Llorca

Este xogo forma parte de "Letras de Colores" de CP Ramón Laporta. Podedes acceder a máis xogos clicando en MENÚ.


RIMAMOS!

Traballamos as Rimas.


sábado, 7 de mayo de 2016

Parchís Ortográfico para Primaria.


POPI é un recurso interactivo para a aprendizaxe da ortografía a través do xogo. Pódense repasar os coñecementos das diferentes regras de ortografía (apartado Repasar), realizar un conxunto de actividades centradas nestas regras (6 tipos diferentes de exercicios) ou xogar ao Parchís Ortográfico (poden participar ata 4 xogadores simultaneamente).

Créditos

lunes, 18 de abril de 2016

PAPELILLOS 3 ANOS. Infantil.

Para os pequenos e pequenas de 3 anos...multitude de xogos: quebracabezas, descubrir parellas, grande-pequeno, cousas parecidas, etc.
Xogos  dixitais interactivos da editorial Algaida.

sábado, 12 de marzo de 2016

EL LOBO MATÍAS. Infantil - 1º Primaria

El Lobo Matías é un conxunto de actividades para o desenvolvemento das habilidades lóxico-matemáticas en Educación Infantil. 
As actividades foron creadas por dous mestres de Educación Infantil: Balbino de Oro Martín e Araceli Martín Giménez. 
Atoparedes 3 niveis e, en cada un, multitude de actividades.
Premendo na imaxe accederedes a este gran recurso!

Aquí vos deixo os enlaces a cada un dos niveis e que tipo de actividades hai en cada un deles:
Tipos de Actividades Nivel 1: números, asociar, vogais, debuxar, asociar, memori, cores, cancións, seriacións, quebracabezas, piano, asociar, memori, posicións, seriacións, paxariños, táboas lóxicas e outra actividade máis de asociar.

Tipos de Actividades Nivel 2: números, construcións, vogais, siluetas, asociar, seriacións, cores, clasificación, asociar, quebracabezas, táboas lóxicas, perspectivas, memoris, ordenar, completar, sumas, asociar e, por último, outra actividade de completar. 

Tipos de Actividades Nivel 3: ximnasia, números, abecedario, seriacións, códigos, sumar, memoris, quebracabezas, tubaxes, simetrías, completar, seriacións, táboas lóxicas, xiros, sumas, identificar, números e música clásica.

En cada unha das actividades atoparedes a icona I (información) nas esquinas superiores, que recolle en que consiste a actividade e os obxectivos didácticos da mesma.

miércoles, 9 de marzo de 2016

PROFESIÓNS E MOITO MÁIS...

Na semana pasada, na aula de 4 anos, estivemos repasando e aprendendo novo vocabulario relacionado coas Profesións, con xogos como:
- Quebracabezas
- Atopar as parellas
- Relacionar
- Seleccionar
- ...
Nesta sesión traballamos na Aula de Audiovisuais, coa seguinte actividade Lim. Premede na imaxe e..a xogar e aprender!


Aquí tedes algúns momentos da sesión...








viernes, 26 de febrero de 2016

EXPRESIÓNS FACIAIS, SENTIMENTOS.

Recupero unha entrada antiga, na que vos propoñía un xogo no que traballamos as expresións faciais, expresións de sentimentos dun xeito divertido.
Tan so debe escoller un peitado e o rostro da expresión que che piden.
Preme na imaxe para acceder á entrada publicada anteriormente e poder xogar (ás veces o xogo tarda en cargar).

Mirade algúns dos nenos e nenas da aula de 4 anos traballando con este recurso...e o ben que o pasaron!






 

domingo, 31 de enero de 2016

Traballamos o son R forte. Infantil-Primaria.

Seguindo o modelo realizado pola mestra Dolores, do blog Aula virtual de audición y lenguaje, elaborei estas dúas fichas para traballar o R forte (son).
Primeiro, déixovos o modelo de Dolores. Premede na imaxe para acceder á entrada que contén moitas máis actividades que podedes imprimir e realizar na casa.
Grazas Dolores por compartir o teu traballo!


Traballando o son R forte: podedes descargar as fichas e realizalas na casa. Na páxina tres tedes o vocabulario empregado.


sábado, 30 de enero de 2016

martes, 19 de enero de 2016

Aula de 5 anos. Sesión de estimulación da linguaxe.

O xoves pasado, traballamos a conciencia silábica con palabras da Unidade "El invierno".
Que ben o fixeron estes nenos e nenas...dando palmadas, contando cos dedos ou coloreando os paraugas directamente, segundo dicían cada sílaba. Nas palabras complexas (con hiato ou ditongos) tiveron unha pequena axuda.







jueves, 14 de enero de 2016

Identificar Caras. Infantil e Primaria.

Neste xogo poderedes xogar a identificar caras. Teredes que identificar as máscaras de disfraces cambiando diferentes compoñentes (lentes, cara, sombreiro,...) ata atopar a solución. Hai 3 opcións:


 
Con imaxes.                                      Con texto.
Libre
Clicade na seguinte imaxe e a xogar!! Coidado que hai un tempo máximo para resolver o xogo!
Xogo da páxina Vedoque