jueves, 16 de abril de 2015

Maremáticas. Infantil - 1º e 2º ciclo Primaria

Actividades, en galego, de matemáticas ambientadas no mundo mariño.
Atoparedes estas actividades:
1. Conta veleiros conmigo (Sumas).
2. ¡Canto peixe! (Seleccionar o número que escoitamos).
3. ¿Cantos somos agora? (Restas).
4. ¡Cada vez hai máis! (Series).
5. ¡Menudo desorde! (Ordenar de maior a menor, e viceversa).
6. ¡Que carreira tan divertida! (Series).
7. Salta coa pulga do mar. (Operacións de sumas e restas).
8. ¡Uns cantos números! (Operacións de sumas e restas. Podemos configurar as operacións).
9. ¡Que non se te escapen! (Operacións de sumas e restas. Podemos configurar as operacións).
10. Xogo de Simón (Memorizar a secuencia de cores e repetila).

¿A que esperades? Clica na imaxe e a xogar.

Autor: José Juan Eiras Sánchez

Atoparedes máis recursos no repositorio de contidos educativos, Espazo Abalar, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario