domingo, 22 de marzo de 2015

Recursos relacionados coa temática do MAR. Infantil 4 anos.

¿Que atoparedes neste enlace?
Seis xogos relacionados coa temática do mar e, aínda que é da Editorial Casals para 4 anos, podemos traballar con todo Infantil (con máis ou menos axuda).
En Boyas y Burbujas teredes que identificar algunhas consoantes, atrapándoas.
En Frases del mar formaredes frases de diferentes modos (iniciación á identificación do suxeito nunha oración).
Peces que vienen é unha actividade na que realizaredes sumas de peixes! E no seguinte, Peces que se van, pois sí, tedes que restar os peixes que se van.
En Aletas de tiburón teredes que ser capaces de colocar a aleta correspondente, segundo o tamaño de cada tiburón.
A última actividade ¿Peces ou Placton? consiste en dar de comer a dous tiburóns. Un é carnívoro cuns dentes que dan medo! O outro non é carnívoro e come placton.

Clicade na imaxe e despois, na imaxe do TIBURÓN!


Atoparedes máis recursos relacionados co MAR, premendo na Etiqueta Mar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario