sábado, 17 de marzo de 2012

Sopa de letras para Educación Infantil.

Esta actividade levarase a cabo a próxima semana. Temos tres sopas de letras onde están agachados os nomes do alumnado da aula de Infantil, 5º nivel. Traballamos así a conciencia fonolóxica; a ver se os nen@s son capaces de encontrar todos os nomes (en posición horizontal e vertical). É unha actividade complexa así que xa veremos cales son os resultados.

Para recoller información esta actividade foi moi útil; os resultados xa non tanto!
Demasiadas letras "bailando" para o alumnado do 5º nivel.
Pero o intentaremos de novo, é outra forma de traballar a conciencia fonolóxica e so necesitamos unhas pequenas adaptacións:
- menos filas e columnas,
- menos nomes en cada sopa de letras,
- un exemplo de como se fai na mesma folla onde teñen a súa sopa de letras
- letras máis grandes.
Pronto intentaremos repetir a actividade e seguro que con estas adaptacións... o resultado será moi positivo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario