Ademais de desfrutar, e moito, desta canción, fixemos o noso propio libro dela. Aquí tedes o resultado...
martes, 26 de mayo de 2015
Actividade de Integración Visual, aula 4 anos.
Xa fai uns días que os nenos e nenas de 4 anos fixeron esta actividade de integración visual. Este foi o proceso e resultado... tamén fixemos unha votación para decidir que conxunto de animais lles gustaban máis; gañaron as Baleas!!
domingo, 17 de mayo de 2015
Sons S e Z. Animais. Infantil e 1º ciclo Primaria.
Seguimos traballando sons nos que os nenos e nenas presentan dificultade para a súa discriminación. Nesta actividade teredes que colorear de vermello onde soe SSSS e de azul onde soe ZZZZ.
Todas as imaxes son de Arasacc (Los símbolos pictográficos utilizados de ARASAAC (http://catedu.es/arasaac/) son parte de una obra colectiva propiedad de la Diputación General de Aragón y han sido creados bajo licencia Creative Commons.) agás a "zarigüeya" que é da páxina Caxigalines, onde atoparades debuxos, quebracabezas, xogos,...
sábado, 16 de mayo de 2015
Sons R suave e forte. Animais. Infantil e 1º ciclo Primaria.
Nesta actividade teredes que colorear de vermello aqueles animais nos que, ao dicir o seu nome, soa R Forte. Coloreamos de azul os animais onde, ao dicir o seu nome, soa R suave.
Los símbolos pictográficos utilizados de ARASAAC (http://catedu.es/arasaac/) son parte de una obra colectiva propiedad de la Diputación General de Aragón y han sido creados bajo licenciaCreative Commons.
Xogos de decorar as paisaxes.
Preséntovos dous xogos nos que poderedes facer volar a vosa imaxinación decorando como máis vos guste! Son dúas illas: a Illa do Castelo e a Illa Deserta.
Estes enlaces foron atopados no blog EL Blog de Primero de Carlos, e atoparedes moitos máis recusos premendo no enlace ao seu Blog.
Clicade na Illa que querades decorar!!
¿Me lo explicas? Infantil e 1º ciclo Primaria.
Neste enlace atoparedes actividades para desenvolver a comprensión visual dos obxectos e situacións de barrio, aula, habitación e xoguetes.
Teredes que identificar o que sobra ou falta nos debuxos, atopar semellanzas e diferencias, lembrar imaxes...
Este material foi creado por IP-Learning E-Educativa SL para a Consellería de Educación da Junta de Extremadura.
Atoparedes máis recursos premendo aquí: Contenidos Educativos Digitales Junta de Extremadura.
Etiquetas:
Atención visual,
Discriminación visual,
Infantil,
Linguaxe Oral e Escrita,
Memoria visual,
Primaria,
Software educativo,
vocabulario
Pandilla de letras, Infantil e 1º Ciclo Primaria.
O obxectivo xeral do xogo é que o neno/a coñeza as letras do alfabeto, que sexa capaz de seleccionalas e emplealas correctamente atendendo ao significado das palabras.
Serían obxectivos específicos, entre outros: recoñecer as letras do abecedario, distinguir vogais e consoantes, practicar a pronuncia dos fonemas, desenvolver a coordinación visomotora...
Este material foi creado por IP-Learning E-Educativa SL para a Consellería de Educación da Junta de Extremadura.
Xogo de identificación visual das grafías. Infantil - 1º ciclo Primaria.
Neste xogo, atopado no blog El Baúl de A.L.,de Raquel Martín, teredes que identificar que imaxe contén a letra (que escollemos previamente). Podemos traballar con letras en maiúscula ou minúcula e traballamos todas as letras do abecedario.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)























