Preme na imaxe.
Mostrando entradas con la etiqueta Memoria visual. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Memoria visual. Mostrar todas las entradas
viernes, 8 de diciembre de 2017
lunes, 18 de abril de 2016
PAPELILLOS 3 ANOS. Infantil.
Para os pequenos e pequenas de 3 anos...multitude de xogos: quebracabezas, descubrir parellas, grande-pequeno, cousas parecidas, etc.
Xogos dixitais interactivos da editorial Algaida.
Do blog: El rincón del duende travieso.
Etiquetas:
2015-2016,
Atención,
Colorear,
conceptos espaciais,
Infantil,
Linguaxe Oral e Escrita,
Matemáticas,
Memoria visual,
Software educativo,
vocabulario
sábado, 12 de marzo de 2016
EL LOBO MATÍAS. Infantil - 1º Primaria
El Lobo Matías é un conxunto de actividades para o desenvolvemento das habilidades lóxico-matemáticas en Educación Infantil.
As actividades foron creadas por dous mestres de Educación Infantil: Balbino de Oro Martín e Araceli Martín Giménez.
Atoparedes 3 niveis e, en cada un, multitude de actividades.
Premendo na imaxe accederedes a este gran recurso!
Aquí vos deixo os enlaces a cada un dos niveis e que tipo de actividades hai en cada un deles:
Tipos de Actividades Nivel 1: números, asociar, vogais, debuxar, asociar, memori, cores, cancións, seriacións, quebracabezas, piano, asociar, memori, posicións, seriacións, paxariños, táboas lóxicas e outra actividade máis de asociar.
Tipos de Actividades Nivel 2: números, construcións, vogais, siluetas, asociar, seriacións, cores, clasificación, asociar, quebracabezas, táboas lóxicas, perspectivas, memoris, ordenar, completar, sumas, asociar e, por último, outra actividade de completar.
Tipos de Actividades Nivel 3: ximnasia, números, abecedario, seriacións, códigos, sumar, memoris, quebracabezas, tubaxes, simetrías, completar, seriacións, táboas lóxicas, xiros, sumas, identificar, números e música clásica.
En cada unha das actividades atoparedes a icona I (información) nas esquinas superiores, que recolle en que consiste a actividade e os obxectivos didácticos da mesma.
miércoles, 9 de marzo de 2016
PROFESIÓNS E MOITO MÁIS...
Na semana pasada, na aula de 4 anos, estivemos repasando e aprendendo novo vocabulario relacionado coas Profesións, con xogos como:
- Quebracabezas
- Atopar as parellas
- Relacionar
- Seleccionar
- ...
- Quebracabezas
- Atopar as parellas
- Relacionar
- Seleccionar
- ...
Nesta sesión traballamos na Aula de Audiovisuais, coa seguinte actividade Lim. Premede na imaxe e..a xogar e aprender!
Aquí tedes algúns momentos da sesión...
Etiquetas:
2015-2016,
Atención visual,
Aula 4 anos,
Infantil,
Lim,
Linguaxe Oral e Escrita,
Memoria visual,
Software educativo,
vocabulario
jueves, 10 de diciembre de 2015
Recursos Nadal. Infantil e Primaria (1º-2º)
Propóñovos diferentes xogos centrados na temática do Nadal e inverno.
En primeiro lugar déixovos estes dous enlaces á páxina VEDOQUE, onde atoparades moitos máis.
Neste atoparedes 10 tipos de actividades diferentes, dende decorar a aula con adornos navideños a ordear as sílabas para formar palabras relacionadas co Nadal.
Necesitaredes axilidade para realizar este xogo. Tedes que localizar que obxecto non ten relación cos outros.
O seguinte enlace pertence a un contido dixital deseñado dende o Proyecto Medusa para traballar nas aulas de Educación Infantil (Gobierno de Canarias).
Desta vez, dentro do proxecto Jugando con las palabras, escollemos LA NAVIDAD. Neste enlace poderedes escoller o tipo letra e o nivel das actividades.
NIVEL 1
1. Escoita e busca a palabra no debuxo.
2. Por que letra comeza.
3. Localizar a letra pola que comeza.
4. Identificar palabra-debuxo.
5. Busca a palabra.
6. Identificacion debuxo-palabra.
7. Busca a palabra que está ben escrita.
NIVEL 2
1. Busca a palabra no debuxo.
2. Recoñecemento de palabras.
3. Escoita, le e relaciona.
4. Asocia cada palabra co seu debuxo.
5. Arrastra e completa as palabras.
6. Arrastra e ordea as palabras.
7. Coloca as letras da palabra.
8. Escribe a palabra, ordeando as letras.
Decoramos o noso boneco de neve!! Aplicación da páxina da EDUCARM (Portal da Consejería de Educación e Universidades da Región de Murcia).
E, podedes tamén decorar esta árbore de nadal.
Seredes capaces de atopar todas as parellas? Por se se fai moi difícil, premede no botón da esquina inferior dereita e poderedes ver todas as imaxes.
Estes últimos enlaces son da páxina Boawa & Kwala. Encontraredes moitos máis recursos na páxina (en inglés e francés).
Etiquetas:
2015-2016,
Atención,
Atención visual,
Conciencia Fonolóxica,
decorar,
Discriminación visual,
Infantil,
Inverno,
Linguaxe Oral e Escrita,
Memoria visual,
Nadal,
Primaria,
vocabulario
domingo, 25 de octubre de 2015
Atopamos as parellas Samaín - Halloween. Infantil-Primaria
Aquí tedes dous xogos de atopar as parellas...estades preparados? Clicade nas imaxes para comezar a xogar.
Xogo atopado no blog Escuela Infantil Castillo de Blanca
viernes, 2 de octubre de 2015
Parellas de...animais mariños!Infantil, 1º-2º Primaria.
Lembrando o curso pasado, adicado no noso centro ao mar, propóñovos este reto: formar parellas de animais mariños.
Xogo atopado no blog Mercedarias Infantil.
Xogo atopado no blog Mercedarias Infantil.
Clicade na imaxe.
Etiquetas:
Atención visual,
Discriminación visual,
Infantil,
Linguaxe Oral e Escrita,
Mar,
Memoria visual,
primer ciclo,
Software educativo,
vocabulario
sábado, 16 de mayo de 2015
¿Me lo explicas? Infantil e 1º ciclo Primaria.
Neste enlace atoparedes actividades para desenvolver a comprensión visual dos obxectos e situacións de barrio, aula, habitación e xoguetes.
Teredes que identificar o que sobra ou falta nos debuxos, atopar semellanzas e diferencias, lembrar imaxes...
Este material foi creado por IP-Learning E-Educativa SL para a Consellería de Educación da Junta de Extremadura.
Atoparedes máis recursos premendo aquí: Contenidos Educativos Digitales Junta de Extremadura.
Etiquetas:
Atención visual,
Discriminación visual,
Infantil,
Linguaxe Oral e Escrita,
Memoria visual,
Primaria,
Software educativo,
vocabulario
sábado, 18 de abril de 2015
Viaxando coas Mates. Infantil.
En Actividades de Auga atoparedes actividades dirixidas ao entrenamento de procesos cognitivos que se constitúen como prerrequisitos no desenvolvemento de nocións matemáticas. Preséntanse actividades que traballan a atención, memoria, razoamento e percepción.
En Actividades da Terra encontraredes un conxunto de actividades dirixidas ao tratamento de conceptos básicos, que deben abordarse xunto cos procesos de adquisición do concepto de número.
En Actividades de Aire atoparedes actividades para favorecer o concepto de número.
Podedes comezar a xogar clicando nesta imaxe:
AUTORAS: Ana Cano Forrat e Esther Llorca Llácer.
Etiquetas:
Atención visual,
Discriminación visual,
Infantil,
Linguaxe Oral e Escrita,
Matemáticas,
Memoria visual,
Software educativo,
vocabulario
domingo, 12 de abril de 2015
Atopa as parellas. Infantil e Primaria.
Teredes que estar moi atentos para atopar as parellas. Clica na imaxe e comeza a xogar!
Este xogo pertence á páxina Janssencilag Entorno Dixital. Atoparedes máis actividades clicando na imaxe:
Etiquetas:
Atención,
Atención visual,
Discriminación visual,
Infantil,
Linguaxe Oral e Escrita,
Memoria visual,
Primaria,
Software educativo
sábado, 21 de febrero de 2015
La cabaña divertida. Junta de Castilla y León. Educación Infantil.
Clicade na imaxe para xogar!
Neste enlace atoparedes 15 xogos:
1. "Perros y gatos". Tedes que ordenar os animais seguindo unha orde dada.
2. "No lo dejes escapar". Localizade unha imaxe.
3. "Coloca los juguetes". Ordenade as imaxes.
4. "Cada oveja con su pareja". Ordenade os animais seguindo un modelo.
5. "Atrapa las parejas".
6. "Buscador de tesoros". Exercicio de memoria.
7. "La pieza que falta". Tedes que buscar entre diferentes pezas, cal é a que lle corresponde a unha imaxe incompleta.
8. "Memorión de fruta". Lembrade ben onde están as froitas.
9. "Aprende a contar". Contade ben os animais que hai á esquerda para despois poñer o mesmo número no cadro da dereita.
10. "¿Quién hace mu?" Oído afinado para recoñecer o animal que se escoita.
11. "Intruso en la fila". Localizade o animal que non corresponde á serie e substituídeo polo correcto.
12. ¿Dónde está el juguete?" Escoitade onde está o xoguete, buscádeo e seleccionádeo.
13. "Animales cantores". Debedes lembrar a orde en que soan os animais.
14. "¿Cuál es cuál?" Escoitade a palabra e clicade na imaxe que o representa.
15. "El laberinto".
jueves, 9 de octubre de 2014
Xogo do Carrusel
CLICADE NA IMAXE PARA COMEZAR A XOGAR
Hoxe propóñovos este xogo da Editorial SM. Xogamos e traballamos moitos aspectos, como atención, memoria, lóxica, vocabulario, conceptos básicos, formas, cores... Xogo en castelán.
XOGOS
1. Xogos dos aneis. Con 8 actividades diferentes.
- Rasgos en común
- Os absurdos
- Diferencias
- Semellanzas
- Memoria de elefante
- Laberintos
- Segue a serie
- Cada ovella coa súa parella
2. Tirolina. Neste apartado atoparedes:
- O avión bailarín
- O vaivén
- O galiñeiro
- Hora de comer
- Píntao de cores
- Palabras en línea
- Música maestro
- A xoguetería
3. A torre. Poderedes xogar a:
- Pinceis do 0 ao 9
- Dende o coche
- Formas no mar
- Matemáticas de excursión
- Un camiño de restas
- Conta co pallaso
- Suman cores
- Calcula e corre
4. Castelo. Neste castelo atoparedes estes xogos:
- Cada produto na súa tenda
- Frores e froitos
- Por terra, por aire e por mar
- Cada época do ano
- Que lío de medios
- A granxa das sorpresas
- Na natureza
- De onde ven?
- Colocando o rato enriba do cabaliño de mar, volveredes á pantalla anterior-
sábado, 16 de junio de 2012
Xogo de memoria. Infantil e Primeiro ciclo de Primaria.
Neste xogo debedes escoller unha das imaxes e estar atento á pantalla para contabilizar cantas veces sae o debuxo escollido. Despois deberedes escribir o número de veces que saiu o debuxo.
domingo, 3 de junio de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




































