sábado, 2 de abril de 2016
sábado, 12 de marzo de 2016
EL LOBO MATÍAS. Infantil - 1º Primaria
El Lobo Matías é un conxunto de actividades para o desenvolvemento das habilidades lóxico-matemáticas en Educación Infantil.
As actividades foron creadas por dous mestres de Educación Infantil: Balbino de Oro Martín e Araceli Martín Giménez.
Atoparedes 3 niveis e, en cada un, multitude de actividades.
Premendo na imaxe accederedes a este gran recurso!
Aquí vos deixo os enlaces a cada un dos niveis e que tipo de actividades hai en cada un deles:
Tipos de Actividades Nivel 1: números, asociar, vogais, debuxar, asociar, memori, cores, cancións, seriacións, quebracabezas, piano, asociar, memori, posicións, seriacións, paxariños, táboas lóxicas e outra actividade máis de asociar.
Tipos de Actividades Nivel 2: números, construcións, vogais, siluetas, asociar, seriacións, cores, clasificación, asociar, quebracabezas, táboas lóxicas, perspectivas, memoris, ordenar, completar, sumas, asociar e, por último, outra actividade de completar.
Tipos de Actividades Nivel 3: ximnasia, números, abecedario, seriacións, códigos, sumar, memoris, quebracabezas, tubaxes, simetrías, completar, seriacións, táboas lóxicas, xiros, sumas, identificar, números e música clásica.
En cada unha das actividades atoparedes a icona I (información) nas esquinas superiores, que recolle en que consiste a actividade e os obxectivos didácticos da mesma.
miércoles, 9 de marzo de 2016
PROFESIÓNS E MOITO MÁIS...
Na semana pasada, na aula de 4 anos, estivemos repasando e aprendendo novo vocabulario relacionado coas Profesións, con xogos como:
- Quebracabezas
- Atopar as parellas
- Relacionar
- Seleccionar
- ...
- Quebracabezas
- Atopar as parellas
- Relacionar
- Seleccionar
- ...
Nesta sesión traballamos na Aula de Audiovisuais, coa seguinte actividade Lim. Premede na imaxe e..a xogar e aprender!
Aquí tedes algúns momentos da sesión...
Etiquetas:
2015-2016,
Atención visual,
Aula 4 anos,
Infantil,
Lim,
Linguaxe Oral e Escrita,
Memoria visual,
Software educativo,
vocabulario
viernes, 26 de febrero de 2016
EXPRESIÓNS FACIAIS, SENTIMENTOS.
Recupero unha entrada antiga, na que vos propoñía un xogo no que traballamos as expresións faciais, expresións de sentimentos dun xeito divertido.
Tan so debe escoller un peitado e o rostro da expresión que che piden.
Preme na imaxe para acceder á entrada publicada anteriormente e poder xogar (ás veces o xogo tarda en cargar).
Mirade algúns dos nenos e nenas da aula de 4 anos traballando con este recurso...e o ben que o pasaron!
domingo, 31 de enero de 2016
Traballamos o son R forte. Infantil-Primaria.
Seguindo o modelo realizado pola mestra Dolores, do blog Aula virtual de audición y lenguaje, elaborei estas dúas fichas para traballar o R forte (son).
Primeiro, déixovos o modelo de Dolores. Premede na imaxe para acceder á entrada que contén moitas máis actividades que podedes imprimir e realizar na casa.
Grazas Dolores por compartir o teu traballo!
Grazas Dolores por compartir o teu traballo!
Traballando o son R forte: podedes descargar as fichas e realizalas na casa. Na páxina tres tedes o vocabulario empregado.
Etiquetas:
2015-2016,
actividades imprimir,
Conciencia Fonolóxica,
Infantil,
Linguaxe Oral e Escrita,
Primaria,
vocabulario
sábado, 30 de enero de 2016
Praxias de "Entroido". Infantil-Primaria.
Seredes capaces de facer todas estas praxias especiais de entroido?? A practicar!
A presentación está realizada por Susana Corralejo, mestra de AL. Podedes seguir o seu blog:
Susana Maestra de AL.
A presentación está realizada por Susana Corralejo, mestra de AL. Podedes seguir o seu blog:
Susana Maestra de AL.
martes, 19 de enero de 2016
Aula de 5 anos. Sesión de estimulación da linguaxe.
O xoves pasado, traballamos a conciencia silábica con palabras da Unidade "El invierno".
Que ben o fixeron estes nenos e nenas...dando palmadas, contando cos dedos ou coloreando os paraugas directamente, segundo dicían cada sílaba. Nas palabras complexas (con hiato ou ditongos) tiveron unha pequena axuda.
Que ben o fixeron estes nenos e nenas...dando palmadas, contando cos dedos ou coloreando os paraugas directamente, segundo dicían cada sílaba. Nas palabras complexas (con hiato ou ditongos) tiveron unha pequena axuda.
Etiquetas:
2015-2016,
Aula 5 anos,
Colorear,
Conciencia Fonolóxica,
Infantil,
Inverno,
Linguaxe Oral e Escrita,
vocabulario
jueves, 14 de enero de 2016
Identificar Caras. Infantil e Primaria.
Neste xogo poderedes xogar a identificar caras. Teredes que identificar as máscaras de disfraces cambiando diferentes compoñentes (lentes, cara, sombreiro,...) ata atopar a solución. Hai 3 opcións:
Con imaxes. Con texto.
Libre
Clicade na seguinte imaxe e a xogar!! Coidado que hai un tempo máximo para resolver o xogo!
Xogo da páxina Vedoque.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
































