Neste xogo aprendemos ou repasamos conceptos espaciais como: arriba-abaixo, dentro-fóra, diante-detrás, a un lado-ao aoutro e lonxe-cerca. Recurso da Junta de Andalucía.
Seredes capaces de atopar as palabras mal escritas, que non respectan a norma ortográfica "escribimos M antes de P-B"? Actividade da páxina Edicións Bromera.
Copiando a idea do blog AULA PT, aquí tedes unha actividade na que teredes que recortar e pegar as partes para formar cada animal mariño (balea, estrela de mar, peixe pallaso, tiburón e cabaliño de mar).
Seguindo coa temática do MAR, traballamos a canción "Nadando sen parar" de Mamá Cabra. Facemos o noso libro da canción. Xa vos ensinaremos que chulo nos quedou!
Con estas actividades traballamos a comprensión lectora (podemos traballalas tamén a nivel oral cos nenos e nenas de Infantil). Son de complexidade crecente e están elaboradas polo CEIP Ramón de la Sagra (A Coruña). Atoparedes moitos máis recursos nestes enlaces:
Ás veces o enlace Lecturitas 1 lévanos á Aula Virtual do Ceip Chano Piñeiro, de Gondomar. Tedes que volver a premer na Foto das lecturas para que cargue a actividade.