sábado, 21 de febrero de 2015

La cabaña divertida. Junta de Castilla y León. Educación Infantil.



Clicade na imaxe para xogar!



Neste enlace atoparedes 15 xogos:
1. "Perros y gatos". Tedes que ordenar os animais seguindo unha orde dada.
2. "No lo dejes escapar". Localizade unha imaxe.
3. "Coloca los juguetes". Ordenade as imaxes.
4. "Cada oveja con su pareja". Ordenade os animais seguindo un modelo.
5. "Atrapa las parejas".
6. "Buscador de tesoros". Exercicio de memoria.
7. "La pieza que falta". Tedes que buscar entre diferentes pezas, cal é a que lle corresponde a unha imaxe incompleta.
8. "Memorión de fruta". Lembrade ben onde están as froitas.
9. "Aprende a contar". Contade ben os animais que hai á esquerda para despois poñer o mesmo número no cadro da dereita.
10. "¿Quién hace mu?" Oído afinado para recoñecer o animal que se escoita.
11. "Intruso en la fila". Localizade o animal que non corresponde á serie e substituídeo polo correcto.
12. ¿Dónde está el juguete?" Escoitade onde está o xoguete, buscádeo e seleccionádeo.
13. "Animales cantores". Debedes lembrar a orde en que soan os animais.
14. "¿Cuál es cuál?" Escoitade a palabra e clicade na imaxe que o representa.
15. "El laberinto".

jueves, 19 de febrero de 2015

Bingo do Fonema S.

Bingo do fonema S para xogar na casa en familia.
Consta de 4 cartóns e a baralla de imaxes.
Tan so hai que ir collendo as cartas da baralla e sinalar, se a temos no noso cartón, cubrindo a imaxe con algún obxecto (bolas de feltro, de papel, algodóns,...).



Bingo Fonema Z.

Bingo do fonema Z para xogar na casa en familia.
Consta de 4 cartóns e a baralla de imaxes.
Tan so hai que ir collendo as cartas da baralla e sinalar, se a temos no noso cartón, cubrindo a imaxe con algún obxecto (bolas de feltro, de papel, algodóns,...).

domingo, 25 de enero de 2015

Praxias de Inverno.

Para que practiquedes os movementos dos órganos articulatorios, en especial, a lingua. ¿Sodes capaces de facelas todas?

A autora é Vanesa Gutiérrez García, do blog Blog de Logopedia y Apoyo e a presentación de Susana Corralejo Barrero, do blog SUSANA Maestra de A.L.





Tamén podedes practicar as praxias con este vídeo de Olaf. A autora é Lucía Ruiz Casal do blog La Clase del Payaso.

Praxias Paloma da PAZ.

Dende 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celébrase o Día escolar da Non Violencia e a Paz, o 30 de xaneiro.
Nesta ocasión preséntovos un conxunto de praxias elaboradas por Laura Barruezo Hernández do blog El rinconcito de Audición y Lenguaje.


martes, 2 de diciembre de 2014

3 de Decembro. Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Este ano, o tema deste día é "O desenvolvemento sostible: a promesa da tecnoloxía". Dende o ano 1992 celébrase este día e ten como obxectivo chamar a atención e mobilizar apoios para aspectos clave relativos á inclusión das persoas con discapacidade na sociedade e no desenvolvemento.



«Hagamos todo lo necesario para asegurar que las políticas, los programas, las directrices y las tecnologías del siglo XXI estén al alcance de las personas con discapacidad y tengan en cuenta sus perspectivas y experiencias.»
Mensaje del Secretario General de las Naciones Unidas,
Día Internacional de las Personas con Discapacidad 2014