martes, 18 de diciembre de 2012
Recursos para o NADAL.
Recompilación de Actividades LIM e Recursos sobre o Apalpador de Belén Junquera de "Casa de Tolos".
Recursos variados recompilados pola mestra Patricia Pena de "Falándose enténdese a xente...".
martes, 4 de diciembre de 2012
jueves, 25 de octubre de 2012
CONTO. Fiz, o coleccionista de medos.
Dende o Canle de vídeos da Secretaría Xeral de Política Lingüística, atopamos este conto.
Adaptación cinematográfica da obra "Fiz, o coleccionista de medos" de Fina Casalderrey e Teresa Lima, OQO Editora.
domingo, 14 de octubre de 2012
Aprende xogando.
Novas actividades de Educ@migos, incluídas nas actividades "Verano Olímpico 2012" da Junta de Castilla y León, apartado Educación Infantil.
Aïnda que están incluídas en Infantil, serven para o primeiro e segundo ciclo de Primaria. Todas as actividades presentan diferentes niveis de complexidade.
Preme na imaxe e comeza a xogar.
jueves, 27 de septiembre de 2012
ORIENTACIÓNS PARA FAVORECER O DESENVOLVEMENTO DA LINGUAXE ORAL
- Fale co seu fillo/a sempre que teña ocasión; é fundamental que lle falemos.
- Trate de falar de forma sinxela, con frases curtas e comprensibles para o neno/a. Trátase de falar co neno/a, deben participar ambos no diálogo.
- Hai que darlle a oportunidade de expresarse, aínda que non se entenda perfectamente todo o que di.
- Non realice correcións directas cando o neno articule mal algunha palabra. Fágao de forma indirecta, repitindo correctamente e de forma natural a palabra que acaba de dicir mal. Exemplo: se o neno/a di tasa en vez de taza, facemos unha nova frase coa palabra taza. ¿Queres a taza? Tratar de non se mostrar impaciente ou desconcertado ante a súa fala.
- Non castigar ou chamar a atención ao neno/a pola súa fala.
- Recorde que son normais os procesos de simplificación da fala (substituir fonemas, reducir as pala-bras...). Uns nenos supérano antes e outros máis tarde.
* Os dentes centrais inferiores desvíanse cara dentro.
* Os dentes centrais superiores sepáranse e desvíanse cara fóra.
* Deforma e estreita o teito da boca (padal duro).
* As arcadas dentarias, inferiores e superiores, desaxústanse e perden a alineación correcta; o neno/a pode ter problemas para morder os alimentos correctamente.
* Aparecen dificultades na linguaxe para articular correctamente aqueles sons nos que interveñen os órganos fonadores distorsionados polo uso excesivo do chupete. (dentes, padal, labios etc.)
- Os obxectos deben ser denominados correctamente. Non lle fale con "linguaxe bebé". O seu fillo ten que crear. Hai que facer que se esforce e non o dirixir en exceso de forma que só conteste "si" ou "non". Cando pida algo co dedo ou con xestos, provocar que o exprese de forma oral, dando opcións ou formulándolle preguntas: ¿Que queres?, ¿Queres o coche ou a pelota? Cando se lle piden cousas nomealas coa palabra exacta. Fuxir de palabras tales como: "iso", "o cacharro ese, "o traste”…
- Verbalizar con el todas as condutas: ao lavar nomearlle as partes do corpo, ao vestir o nome da roupa, ao comer…
- Acostúmeo a que eduque a súa audición: identificar voces, sons... escoitar contos, afacerse a músicas axeitadas ou relaxan-tes.
Mestra de Audición e Linguaxe, SARA.
viernes, 21 de septiembre de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

