martes, 26 de mayo de 2015

O noso libro da canción "Nadando sen parar" de Mamá Cabra. Aula de 5 anos.


Ademais de desfrutar, e moito, desta canción, fixemos o noso propio libro dela. Aquí tedes o resultado...





Actividade de Integración Visual, aula 4 anos.

Xa fai uns días que os nenos e nenas de 4 anos fixeron esta actividade de integración visual. Este foi o proceso e resultado... tamén fixemos unha votación para decidir que conxunto de animais lles gustaban máis; gañaron as Baleas!!












domingo, 17 de mayo de 2015

Sons S e Z. Animais. Infantil e 1º ciclo Primaria.

Seguimos traballando sons nos que os nenos e nenas presentan dificultade para a súa discriminación. Nesta actividade teredes que colorear de vermello onde soe SSSS e de azul onde soe ZZZZ.






Todas as imaxes son de Arasacc (Los símbolos pictográficos utilizados de ARASAAC (http://catedu.es/arasaac/) son parte de una obra colectiva propiedad de la Diputación General de Aragón y han sido creados bajo licencia Creative Commons.) agás  a "zarigüeya" que é da páxina Caxigalines, onde atoparades debuxos, quebracabezas, xogos,...

sábado, 16 de mayo de 2015

Sons R suave e forte. Animais. Infantil e 1º ciclo Primaria.

Nesta actividade teredes que colorear de vermello aqueles animais nos que, ao dicir o seu nome, soa R Forte. Coloreamos de azul os animais onde, ao dicir o seu nome, soa R suave.


Los símbolos pictográficos utilizados de ARASAAC (http://catedu.es/arasaac/) son parte de una obra colectiva propiedad de la Diputación General de Aragón y han sido creados bajo licenciaCreative Commons.

Xogos de decorar as paisaxes.

Preséntovos dous xogos nos que poderedes facer volar a vosa imaxinación decorando como máis vos guste! Son dúas illas: a Illa do Castelo e a Illa Deserta.
Estes enlaces foron atopados no blog EL Blog de Primero de Carlos, e atoparedes moitos máis recusos premendo no enlace ao seu Blog.

Clicade na Illa que querades decorar!!

¿Me lo explicas? Infantil e 1º ciclo Primaria.

Neste enlace atoparedes actividades para desenvolver a comprensión visual dos obxectos e situacións de barrio, aula, habitación e xoguetes.
Teredes que identificar o que sobra ou falta nos debuxos, atopar semellanzas e diferencias, lembrar imaxes...
Este material foi creado por IP-Learning E-Educativa SL para a Consellería de Educación da Junta de Extremadura.



Atoparedes máis recursos premendo aquí: Contenidos Educativos Digitales Junta de Extremadura.

Pandilla de letras, Infantil e 1º Ciclo Primaria.

O obxectivo xeral do xogo é que o neno/a coñeza as letras do alfabeto, que sexa capaz de seleccionalas e emplealas correctamente atendendo ao significado das palabras. 
Serían obxectivos específicos, entre outros: recoñecer as letras do abecedario, distinguir vogais e consoantes, practicar a pronuncia dos fonemas, desenvolver a coordinación visomotora...
Este material foi creado por IP-Learning E-Educativa SL para a Consellería de Educación da Junta de Extremadura.

Xogo de identificación visual das grafías. Infantil - 1º ciclo Primaria.

Neste xogo, atopado no blog El Baúl de A.L.,de Raquel Martín, teredes que identificar que imaxe contén a letra (que escollemos previamente). Podemos traballar con letras en maiúscula ou minúcula e traballamos todas as letras do abecedario. 


lunes, 11 de mayo de 2015

Conceptos espaciais. Infantil e 1º ciclo Primaria.

Neste xogo aprendemos ou repasamos conceptos espaciais como: arriba-abaixo, dentro-fóra, diante-detrás, a un lado-ao aoutro e lonxe-cerca. Recurso da Junta de Andalucía.
Preme na imaxe para xogar!



Regra ortográfica: M antes de P e B. Primaria.

Seredes capaces de atopar as palabras mal escritas, que non respectan a norma ortográfica "escribimos M antes de P-B"? Actividade da páxina Edicións Bromera.

Libro LIM de discriminación dos fonemas S e Z. Infantil e Primaria.

Novas actividades de discriminación dos fonemas S e Z.


Actividade de Integración visual. Infantil.

Copiando a idea do blog AULA PT, aquí tedes unha actividade na que teredes que recortar e pegar as partes para formar cada animal mariño (balea, estrela de mar, peixe pallaso, tiburón e cabaliño de mar).

sábado, 9 de mayo de 2015

Suxeito e Predicado. Primaria.

Neste enlace practicaredes a clasificación das principais partes da oración, Suxeito e Predicado. Recollido da páxina http://www.bromera.com/.

Adxectivos (xénero e número). Primaria.

Neste enlace atoparades información sobre os adxectivos e poderedes realizar despois algunhas actividades. É un recurso da Junta de Andalucía.

Nadando sen parar. Infantil.

Seguindo coa temática do MAR, traballamos a canción "Nadando sen parar" de Mamá Cabra. Facemos o noso libro da canción. Xa vos ensinaremos que chulo nos quedou!




jueves, 7 de mayo de 2015

"Lecturitas". Actividades LIM. Infantil e Primaria.

Con estas actividades traballamos a comprensión lectora (podemos traballalas tamén a nivel oral cos nenos e nenas de Infantil). Son de complexidade crecente e están elaboradas polo CEIP Ramón de la Sagra (A Coruña). Atoparedes moitos máis recursos nestes enlaces: 





Preme nas imaxes!




Ás veces o enlace Lecturitas 1 lévanos á Aula Virtual do Ceip Chano Piñeiro, de Gondomar. Tedes que volver a premer na Foto das lecturas para que cargue a actividade.

martes, 5 de mayo de 2015

lunes, 4 de mayo de 2015

A pescar! Infantil e Primaria 1º ciclo.

Fíxate no número que quere atrapar o pescador de cada especie mariña.
Arrastra os peixes ao anzol, os polbos á rede e as lagostas á gaiola. Se sobran animais, utiliza o tiburón para que os coma.

Ortografía: palabras con B e V, uso H, regras xerais de acentuación. Primaria.

Axuda aos piratas! Estes xogos forman parte da colección Ortografíate da páxina edu365.cat da Generalitat de Catalunya.

Nesta primeira actividade, atoparedes distintos xogos nos que teredes que escoller B ou V, segundo corresponda.


Neste enlace trabállanse palabras con e sen H.


Regras de acentuación. Palabras Agudas.

Regras de acentuación. Palabras Graves.

Regras de acentuación. Palabras Esdrúxulas.

viernes, 1 de mayo de 2015

A Balea necesita a nosa axuda. Matemáticas Infantil e Primaria.

Nesta actividade seremos de gran axuda xa que, se o facemos ben...a balea da un salto e pode volver ao mar! ¿Que canalización necesitades (número) para poder completala e que caiga a auga por ela?


Podedes cambiar o tamaño da canalización clicando...


Buscamos Datos Nunha Táboa. Primaria

Na páxina de SM Primaria Libros Vivos atopamos este xogo no que traballamos a busca de datos nunha táboa e a comprensión lectora. Teredes que ler e completar as frases coa información que veredes na táboa.
Animádevos a XOGAR?

¿Xogamos unha partida ao dominó? Infantil e Primaria.

Este é un xogo con dous niveis de dificultade e no que se recolle o tempo que tardamos en colocar todas as fichas do dominó. Tedes que estar moi atentos ás imaxes (caras e números) de cada ficha e ir colocándoas na orde correcta.