BLOGS DO CEIP

lunes, 26 de octubre de 2015

Diferenzas Halloween. Infantil-Primaria.

Neste xogo, Emma Halloween, teredes que localizar todas as diferenzas que existen entre as dúas imaxes.
Atoparedes moitos máis xogos relacionados co Halloween neste enlace Juegas Peque.

Para xogar ás diferenzas, clica na imaxe.

domingo, 25 de octubre de 2015

Atopamos as parellas Samaín - Halloween. Infantil-Primaria

Aquí tedes dous xogos de atopar as parellas...estades preparados? Clicade nas imaxes para comezar a xogar.




Xogos de unir os puntos de Halloween. Infantil e Primaria.

Neste enlace poderedes xogar a unir os puntos en diferentes debuxos relacionados co Samaín - Halloween. Atoparedes 3 niveis de dificultade.
Clicade na imaxe para comezar a xogar.

jueves, 15 de octubre de 2015

Samaín. Actividades variadas. Infantil-1º Primaria.

Neste enlace atoparedes un Libro Lim titulado QUE MEDO!, creado pola mestra Belén Velasco. Nel atoparedes moitos xogos relacionados coa temática do Samaín.
Clicade na imaxe e...a xogar!


Creamos a nosa propia cabaza. Infantil.

Estades preparados para crear a vosa cabaza? Clicade na imaxe e a crear!



jueves, 8 de octubre de 2015

Traballamos a Conciencia fonolóxica. Aula 5 anos Infantil.

Hoxe, na sesión de Estimulación da Linguaxe estivemos xogando a adiviñar que novas palabras se forman ao engadir un novo son (letra) ao inicio...cun pouquiño de axuda fixéronno moi moi ben!
Para esta actividade contamos coa axuda da mestra María Eugenia Garrido, do blog Aula de Audición e Linguaxe Ceip Pedro Valverde, de Cantabria. Grazas a ela, por elaborar e compartir este material. No enlace ao seu blog, atoparedes moitos máis recursos.



Despois, centrámonos en discriminar os fonemas R (son suave) e R (son forte). Cada neno/a escolleu dous lapis de cores (requisito: que foran cores propias do outono). Axudamos sempre que o precisen, evocando nós a palabra e facendo esaxerados os sons.





viernes, 2 de octubre de 2015

Parellas de...animais mariños!Infantil, 1º-2º Primaria.

Lembrando o curso pasado, adicado no noso centro ao mar, propóñovos este reto: formar parellas de animais mariños.
Xogo atopado no blog Mercedarias Infantil
Clicade na imaxe.

Formamos parellas. Infantil - 1º Primaria

Neste xogo teredes que formar parellas buscando as imaxes que teñen relación. 
Clicade na imaxe.

A granxa. Infantil.

Xogo no que teremos que identificar que animal fai o son que escoitamos. 
Xogo atopado no blog Mercedarias Infantil
Clicade na imaxe para xogar!