lunes, 26 de marzo de 2012

Discriminación - Conciencia fonolóxica.

Nesta actividade temos que sinalar co rato onde soa.... S, F ou Z/C acompañadas das cinco vogais. 
Preme na imaxe e abrirase unha nova ventá onde deberás clicar en JUGAR
Actividade realizada para lingua castelá.





sábado, 24 de marzo de 2012

Cálculo mental. Educación Primaria.

Aplicación de Mario Ramos Rodríguez, publicada polo Gobierno de Canarias.
As actividades inclúen sumar, restar, multiplicar, calcular a metade dun número, a terceira parte dun número, a cuarta e a quinta. Tan so escollemos o nivel (páxina):
- número 1 Inicial (sumas e restas)
- número 2 Inicial-Medio (restas e multiplicacións)
- número 3 Inicial-Medio (multiplicacións)
- número 4 Inicial-Medio (multiplicacións e sumas)
- número 5 Medio-Superior (restas e sumas)
- número 6 Medio-Superior (metade, terceira, cuarta e quinta parte dun número)
Temos que realizar 40 operacións en 3 minutos (nivel 1), 2 minutos (Nivel 2) ou en 1 minuto (Nivel 3).

A que esperas? Preme na imaxe.


Xogo "¿Me dices la hora? Primaria.

Neste xogo debedes escribir en forma dixital a hora que marca o reloxo analóxico. Preme na imaxe.


Actividade do Portal educativo GenMagic.
http://www.genmagic.net/educa/

miércoles, 21 de marzo de 2012

Palabras encadeadas. Infantil.

Discriminación visual figura-fondo.

Actividades que atoparedes nesta aplicación.
1. Buscamos a figura que se atopa no fondo.
2. Buscamos a figura en distintas posicións.
3. Crebacabezas de dúas pezas.
4. Crebacabezas de varias pezas.
5. Adiviñamos que pezas se esconden nestes fondos.

Obxectivo xeral: discriminar figura-fondo.

Obxectivos específicos das actividades.
- Identificar figuras en diferentes condicións: mesmo fondo, en diferentes posicións, en diferentes fondos, dividida en dúas partes e divididas en varias partes. 

Preme na imaxe para xogar.
O presente material educativo dixital é propiedade da entidade pública empresarial red.es.

Praxias “Los Lunnis”.

Practicamos as praxias diante dun espello, desta vez... cos Lunnis!

Imaxes da Galería de Maestros de AyL (Audición y lenguaje).

sábado, 17 de marzo de 2012

Sopa de letras para Educación Infantil.

Esta actividade levarase a cabo a próxima semana. Temos tres sopas de letras onde están agachados os nomes do alumnado da aula de Infantil, 5º nivel. Traballamos así a conciencia fonolóxica; a ver se os nen@s son capaces de encontrar todos os nomes (en posición horizontal e vertical). É unha actividade complexa así que xa veremos cales son os resultados.

Para recoller información esta actividade foi moi útil; os resultados xa non tanto!
Demasiadas letras "bailando" para o alumnado do 5º nivel.
Pero o intentaremos de novo, é outra forma de traballar a conciencia fonolóxica e so necesitamos unhas pequenas adaptacións:
- menos filas e columnas,
- menos nomes en cada sopa de letras,
- un exemplo de como se fai na mesma folla onde teñen a súa sopa de letras
- letras máis grandes.
Pronto intentaremos repetir a actividade e seguro que con estas adaptacións... o resultado será moi positivo.

Series Matemáticas. Educación Primaria.

Autoría: Enrique Hernán, Laura Hernán e Marisa Carrillo.
Obxectivo: conseguir destrezas en operacións matemáticas básicas. Educación Primaria.
A aplicación consta dun conxunto de actividades deseñadas para proporcionar ao alumnado un primeiro contacto coas operacións matemáticas básicas. Abórdanse contidos como a lonxitude, a superficie, o volume e a capacidade, fraccións, decimais e porcentaxes, mediante a resolución de exercicios e explicacións guiadas.
Recurso CNICE.
Preme na imaxe e comeza a xogar.

sábado, 10 de marzo de 2012

Pasatempos de lectoescritura.

Neste enlace atoparedes pasatempos de lectoescritura imprimibles. Material de José Miguel de la Rosa Sánchez. Actividades lúdicas educativas (www.actiludis.com).
Preme na imaxe e abrirase unha nova ventá coas actividades (sopa de letras, cruzadas e ordear palabras).

 

jueves, 1 de marzo de 2012

"Jugando con las palabras". Gobierno de Canarias.

Neste xogo traballamos o vocabulario referido ao colexio, á familia, á casa e á roupa. Escollemos un destes campos semánticos así como o nivel (1-2), o tipo de letra (minúsculas-maiúsculas) e o idioma (castelán-inglés). 
Actividades que atoparedes:
1. Escoita e busca a palabra no debuxo. 
2. Por que letra comeza. 
3. Localiza a letra pola que comeza. 
4. Identificación palabra-debuxo. 
5. Busca a palabra. 
6. Identificación debuxo-palabra. 
7. Atopa a palabra que está ben escrita.